A Consellería de Asuntos Sociais foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa prestación de servizos de integración e sociais. A miúdo, esta consellería integrou tamén outros abanos de competencia, relacionados co traballo, a muller ou a mocidade. Na actualidade atópase integrada na consellería de Traballo e Benestar.
As competencias en asistencia e atención social eran pequenas ao comezo da autonomía de Galicia, e non contaron cunha consellería con ese nome ata que en 1987 o goberno tripartito encabezado por Fernando González Laxe denomina unha consellería de Traballo e Benestar social. Esas competencias seguirían integradas en Traballo ao comezo do goberno de Manuel Fraga e posteriormente na consellería de Sanidade, ata que en 2001 se crea unha consellería con ese nome de forma independente. En 2003 volveu integrarse na consellería de Traballo, ata que en 2005 se independizou de novo como Consellería para a Igualdade e o Benestar, con rango de vicepresidencia. En 2009 volveu integrarse dentro da consellería de Traballo e Benestar.