Conquest of the Planet of the Apes é un filme estadounidense dirixido por J. Lee Thompson que se estreou en 1972. Cuarto filme da saga orixinal de O planeta dos simios.
Estados Unidos, 1991. Tras unha epidemia que matou tódolos gatos e cans da Terra, os homes decidiron adoptar como mascotas os monos, que acabaron convertidos en serventes. Creouse entón un centro para civilizar os exemplares salvaxes por medio da violencia e do electrochoque. Armando criou en segredo a Caesar, o fillo de dous simios falantes: Zira e Cornelius. Cando Caesar comproba o que os homes están facendo cos da súa especie, manifesta publicamente o seu desacordo e, dende ese intre, vese obrigado a agocharse. Ó descubrir que pode comunicarse cos seus telepaticamente, comeza a tramar unha insurrección: incita á desobediencia xeral, arma os seus e comeza a entender que a intelixencia é poder.