Battle for the Planet of the Apes é un filme estadounidense dirixido por J. Lee Thompson que se estreou en 1973.
Caesar, o simio que capitaneou a revolta contra a raza humana, é un benévolo gobernante que fomenta a convivencia coa humanidade, a pesar das protestas do xefe militar dos simios, o Xeneral Aldo (Claude Akins). Os homes, superviventes dun holocausto nuclear que case os destrúe, son considerados cidadáns de segunda clase. Caesar decide realizar unha viaxe á "Cidade Prohibida" co humano MacDonald (Austin Stoker) e o sabio Virgil (Paul Williams) na busca dunhas cintas nas que estaría gravada a morte do seus pais. Aínda que Caesar atopa o que está buscando, capta a atención de homes mutantes que se encontran na devastada zona de guerra. De regreso a casa comeza unha dura batalla na que o Xeneral Aldo desafía a autoridade de Caesar. Simios e humanos enfrontaranse para decidir quen gobernará o planeta.