Algúns materiais son semicondutores. Isto significa que a electricidade pode fluír a través deles até unha determinada temperatura e por debaixo desa os semicondutores[3] non pasan a electricidade.
Algúns materiais son resistencias. Isto significa que a electricidade non pasa facilmente por eles.
Un material que detén a corrente eléctrica chámase 'illante' ou 'illador'.[4] Os fíos están cubertos con materiais illantes como plástico para evitar que a electricidade saia do cable.
Algúns materiais cando están moi fríos son supercondutores, isto é que non ofrecen resistencia ao fluxo de electricidade. A resistencia da maioría dos condutores aumenta a temperaturas máis altas.
Exemplos de materiais condutores
Algúns dos condutores eléctricos destacados inclúen:
Os metais, como o ferro e o cobre, empréganse para fabricar fíos para transportar corrente eléctrica.[5] O plasma é un excelente condutor de electricidade e úsase para moitos propósitos, pero os metais son máis utilizados.
A auga impura (con materiais disoltos) tamén pode conducir a electricidade. Os tecidos vivos, como no corpo humano, son húmidos e, polo tanto, condutores da electricidade.
Notas
↑"condutor". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-12.