O Condado de Évreux, creado no século XI, e á fronte do cal estaba un conde (comes Ebroicencis),[1] era unha parte do Ducado de Normandía, que tiña por capital a cidade de Évreux.
Na primeira metade do século XI, os duques de Normandía estableceron varios condados, xeralmente nas fronteiras.[2]
O arcebispo de RouenRoberto o Danés (morto en 1037), fillo de Ricardo I, jarl de Normandía,[3] parece que foi o primeiro conde de Évreux, aínda que en ningún documento non se lle dá este título. Pola contra, seu fillo Ricardo aparece citado con este título desde 1038.[2]
En 1118, á morte do conde Guillerme de Évreux, neto de Roberto o Danés, o duque de Normandía e rei de Inglaterra Henrique I apodérase do Condado aproveitándose do feito de que finado titular non tiña fillos vivos.[2]
Pero Amaury III de Montfort (tamén coñecido como Amalarico III de Monfort), xenro de Guillerme e señor da Illa de Francia, reclamou a herdanza e logrou dobregar o duque-rei en 1119. Moitas abadías foron fundadas, especialmente en 1144 a abadía de la Noë.[4] A familia de Montfort conservou o Condado até o ano 1199, data na que o rei de Francia Filipe II o conquistou.[5]. O 22 de maio de 1200, o tratado de Goulet sancionou a perda definitiva do condado, sendo Amaury VI (Amalarico VI) o último conde da familia Montfort.
Pasado a formar parte do dominio real o 22 de maio de 1200 polo tratado de Goulet, o Condado foi cedido en apanaxe polo rei Filipe III ao seu fillo Lois de Francia (máis coñecido como Lois de Évreux) en 1298. Permaneceu en poder dos príncipes capetos da Casa de Évreux durante tres xeraciós. Filipe de Évreux e o seu neto, Carlos o Malo, rei de Navarra (1332-1387), trataron de facer del un principado capaz de rivalizar co rei de Francia[6] A cidade de Évreux contaba cunha Cámara de contas e un Exchequer desde 1329 que quere ser, e actúa, como un Tribunal soberano. Despois dunha enésima tentativa de alianza co rei de Inglaterra, Carlos o Malo perdeu definitivamente o Condado de Évreux en 1378, conquistado polos exércitos de Carlos V o Sabio. En 1412, o fillo de Carlos o Malo, o rei Carlos III de Navarra, renunciou ás súas pretensións en Normandía.
En 1316, e de novo en 1427, o Condado de Évreux foi erixido en Condado-Par de Francia.
O Condado foi recreado, en 1569, brevemente, polo rei de Francia Carlos IX, en favor do seu irmán Francisco, duque de Anjou e de Alençon, baixo a forma de Ducado-Par de Francia, xesto que foi renovado polo seu irmán Henrique III de Francia en 1574. A morte do duque de Alençon en 1584semella que o título foi definitivamente extinguido.
Casa de La Tour d'Auvergne
Porén, o título de conde de Évreux foi levado máis tarde por membros da familia de la Tour d'Auvergne, especialmente por:
Segundo o seu biógrafo, Philippe de Montjouvent, seu pai concedeulle a Henrique o título de "conde de Évreux", que el leva despois; tamén definiu o seu escudo de armas.[8], fillo de Henrique de Orleáns, "conde de París".
↑Jarl (pl. Jarlar) é, nas linguas nórdicas, o equivalente ao título de conde ou de duque; o inglés earl, palabra herdada dos escandinavos, adoptouse na Corte inglesa. Ver: María Pilar Fernández Álvarez, Teodoro & Manrique Antón (2002): Antología de la literatura nórdica antigua (edición bilingüe). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 8-4780-0753-9, p. 364.
↑Charon, Philippe (2014): Princes et principautés au Moyen Âge, L’exemple de la principauté d’Évreux (1298-1412). École nationale des chartes, col. Mémoires et documents de l’École des chartes. ISBN 978-2-3572-3036-1.
↑Este é o escudo oficial actual da cidade de Évreux.
↑Philippe de Montjouvent (1998): "Le prince Michel de France", pp. 307-324 en Le comte de Paris et sa descendance. Paris: Du Chaney Eds. ISBN 2-9132-1100-3.
Véxase tamén
Bibliografía
Aird, William M. (2011): Robert 'Curthose', Duke of Normandy (C. 1050-1134). Martlesham, Suffolk, UK: Boydell Press. ISBN 1-8438-3660-2.
Neveux, François (1988): "La Normandie des ducs aux rois" Rennes: Université Ouest-France, en Cahiers de civilisation médiévale Ano 2000, Volume 43, nº 169, pp. 106–108.
Plaisse, André (1986): Évreux et les Ébroïciens au temps de Louis XI. Société libre de l’Eure, col. "Connaissance de l'Eure".
Ramirez de Palacios, Bruno: (2015): Charles dit le Mauvais: Roi de Navarre, comte d'Évreux, prétendant au trône de France. Le Chesnay: Éditions la Hallebarde. ISBN 978-2-9540-5852-8.