O primeiro conde, casado con Dolores de Andrés-García López, tivo tres fillos, pasando o título de conde ao seu primoxénito, Manuel Bárcena Andrés, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Real Club Celta, que casou con Obdulia de Castro Montenegro.
Cando morreu, o título pasou o seu primoxénito Manuel Bárcena Castro, casado con Mercedes Iñíguez Galíndez, faleceu en 1962 sen descendencia.
Casou con María del Pilar Varela de Limia País. Sucedeuno, en 1985, o seu fillo:
Felipe Bárcena Varela de Limia (n. en 1946), V conde de Torrecedeira.
Casou con Rosa María de Labra Morán.
Escudo
O escudo de armas é o dos Bárcena. En campo de goles, seis basantes de prata dispostos dous, dous e dous. Timbrado con coroa condal.
Notas
↑López-Chaves Meléndez, Juan Manuel y Amor Moreno, Grato Ernesto, Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra, 1998, ISBN 84-86845-09-02.