Título nobiliario

Un título nobiliario é un privilexio legal concedido dende antigo que distingue os membros da nobreza.

Características

Os privilexios outorgados pola nobreza son hoxe case exclusivamente protocolarios, mais durante a Idade Media constituíron a base do sistema feudal, organizando a posesión da terra e as relacións de vasalaxe. Hoxe sobreviven unicamente nos países de réxime monárquico: Andorra, Bélxica, Dinamarca, España, Gran Bretaña, Liechtenstein, Luxemburgo, Mónaco, Noruega, Países Baixos e Suecia, na Santa Sé e na República de San Marino.

Os títulos nobiliarios teñen, na súa meirande parte, carácter hereditario, a sucesión recae no fillo ou filla primoxénito do anterior posuidor e o seu uso esténdese aos consortes lexítimos. Na maioría dos países que manteñen unha lexislación nobiliaria en vigor, como España ou Gran Bretaña os títulos non poden ser obxecto de transaccións comerciais e o seu uso indebido ou usurpación están penalizados pola Lei.

Xerarquía

Listaxe coa xerarquía dos títulos nobiliarios:

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!