O condado de Caraș-Severin (en romanés Județul Caraș-Severin; en húngaro Krassó-Szörény; en serbocroata Karaš-Severin/Караш Северин) é unha provincia de Romanía con capital en Reșița.
A poboación desta provincia é de 333.219 habitantes (en 2002) nunha superficie de 8.514 km², cunha densidade de poboación de 39 hab/km².
Os valacos ou romaneses étnicos son o 88,24 % da poboación. Tamén hai xitanos (2,37 %), croatas (1.88%), suabos do Danubio (1.84%), serbios (1.82%), húngaros (1.74%) e ucraínos (1.05%).
O distrito conta con 2 municipios, 6 cidades, 69 comunas e 1 aldea.