A poboación desta provincia é de 317.254 habitanets (en 2005) nunha superficie de 5.355 km², cunha densidade de poboación de 59,2 hab/km².
Segundo o censo do 2002 a maior parte da poboación son valacos ou romaneses (90,25%), seguidos polos húngaros (5,88 %), e os xitanos (3,57 %). Os saxóns transilvanos son o 0,21 %, e aínda que antes eran unha porcentaxe importante da poboación, esta decreceu cando foron evacuados pola invasión soviética durante a segunda guerra mundial.