O concello tivo a súa sede en varios lugares da Cidade Vella, como a Casa Cornide ou o antigo colexio e convento de San Agustín, sendo este último a sede dende 1837 ata 1918.[2] En setembro de 1918 inaugurouse a nova sede,[3] o Palacio de María Pita, edificio de estilo modernista situado na praza de María Pita, obra do arquitecto municipal Pedro Mariño.