A Comunidade Xermanófona de Bélxica (en alemán: Deutschsprachige Gemeinschaft Belgiens) é unha das tres comunidades lingüísticas de Bélxica, con competencias ós nove municipios do leste de Valonia, na provincia de Liexa, que formaron parte de Prusia até 1918. A capital é Eupen.
Non se debe confundir coas tres rexións federais nin coas catro rexións lingüísticas. A pesar do seu nome, a Comunidade Xermanófona de Bélxica é unha institución, e non un grupo de persoas. No seu territorio viven 70.400 dos 110.000 falantes de alemán de Bélxica.
Componse dun Consello da Comunidade Xermanófona de 25 membros e un Deutschesprache Kulturat, de carácter princupalmente cultural, pero está previsto que nun futuro recibirá máis competencias. Polo de agora contan cunha emisora de radio, e en canto a escola, o ensino primario é principalmente en alemán, e o francés comeza a introducirse na secundaria. O principal xornal é Grenz Echo, publicado en Eupen.