O Comité Olímpico de Chile (COCh) é unha organización sen ánimo de lucro responsábel de coordinar actividades olímpicas en Chile.[1] fundada o 20 de xuño de 1934.[2] O seu actual presidente é Miguel Ángel Mujica.
A misión do COCh é coordinar esforzos para protexer o movemento olímpico e consolidar o seu desenvolvemento, o cumprimento das normas da Carta Olímpica e promover a preparación, escolla e participación dos deportistas chilenos nos Xogos Olímpicos e outras competencias nacionais e internacionais, como os Xogos Panamericanos, Xogos Suramericanos, entre outras.
Pertence á Asociación de Comités Olímpicos Nacionais (ACNO),[3] a Organización Deportiva Panamericana (ODEPA)[4] e a Organización Deportiva Suramericana (ODESUR).[5]