Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalón branco e medias brancas.
Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón verde e medias verdes.
O primeiro uniforme do Leganés foi azulgrana, e anos máis tarde optouse por unha camiseta tricolor (verde, branca e vermella), para pasar finalmente ás cores actuais, branco e azul, que foron os tradicionais do equipo.
O Leganés xoga no Estadio Municipal de Butarque, inaugurado o 14 de febreiro de 1998, con capacidade para 10958 persoas e dimensións de 105 x 70 metros. O primeiro partido que albergou o terreo de xogo foi fronte ao Xerez.
Antes de Butarque, o CD Leganés xogou noutros 3 feudos. O primeiro campo no que xogou en 1928 estaba situado no Campo del Tiro, nun terreo cedido polos militares. Anos máis tarde pasouse ao campo municipal de Plaza Roma, un campo que durante a Guerra Civil española foi restaurado polos propios veciños da cidade, ata que foi remodelado profesionalmente ao terminar a mesma. En 1966 inauguraríase o campo principal do equipo, o Luis Rodríguez de Miguel, con capacidade para 5.000 persoas e no corazón da cidade, no que xogaron ata a metade da tempada 1998.