Cesare Lombroso

Modelo:BiografíaCesare Lombroso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Marco Ezechia Lombroso Editar o valor en Wikidata
6 de novembro de 1835 Editar o valor en Wikidata
Verona, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 1909 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Turín, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Monumental de Turín Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín
Universidade de Pavia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCriminoloxía e Psiquiatría Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, psiquiatra, ensaísta, criminólogo, escritor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Pavia
Universidade de Turín Editar o valor en Wikidata
AlumnosCamillo Golgi, Raffaele Garofalo, Enrico Ferri e Luigi Roncoroni (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosPaola Lombroso Carrara, Gina Lombroso, Ugo Lombroso Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1726156 WikiTree: Lombroso-1 Find a Grave: 28057305 Editar o valor en Wikidata


Cesare Lombroso.

Ezechia Marco Lombroso, coñecido co pseudónimo de Cesare Lombroso, nado en Verona o 6 de novembro de 1835 e finado en Turín o 19 de outubro de 1909, foi un médico e criminólogo italiano, representante do positivismo criminolóxico, chamado no seu tempo a "nova escola" (Nuova Scuola), teoría sostida tamén por Enrico Ferri e Rafaele Garofalo.

Traxectoria

Fillo de Aarón Lombroso e Zefora Levi, estudou Medicina entre 1852 e 1858 na Universidade de Pavia. Ao pouco tempo participou en campañas contra a pelagra na Lombardía, contribuíndo coa educación dos campesiños pobres. En 1866 foi nomeado profesor extraordinario na Universidade de Pavia e en 1871 asumiu a dirección do manicomio de Pésaro. En 1871 foi nomeado profesor de medicina legal na Universidade de Turín.

Casou en 1870 con Nina De Benedetti, coa que tivo cinco fillos. A segunda delas, Gina Lombroso Ferrero, escribiu a súa biografía.

Teorías de Lombroso acerca do delincuente

Exemplo da fisionomía dos criminais, segundo Lombroso: Rivoluzionari e criminali politici, matti e folli.

Un aspecto particularmente difundido da obra de Lombroso é a concepción do delito como resultado de tendencias innatas, de orde xenética, observables en certos trazos físicos ou fisonómicos dos delincuentes habituais (asimetrías craniais, determinadas formas de mandíbula, orellas, arcos superciliares etc.). Porén, nas súas obras menciónanse tamén como factores criminóxenos asuntos tan diversos coma o clima, a orografía, o grao de civilización, a densidade de poboación, a alimentación, o alcoholismo, a instrución, a posición económica e mesmo a relixión[1].

Un trazo chamativo na súa obra é a crueza con que expón algunhas das súas conclusións, que resulta aínda máis chocante á luz das ideas que predominan na criminoloxía despois do ocaso da escola positiva. Esta crueza pode deberse á tendencia positivista de liberar o discurso científico de toda outra consideración á parte da mera descrición da realidade, eludindo xuízos morais ou sentimentais.

Por exemplo, refiríndose ao que chama a "terapia do delito", di:

"En realidade, para os criminais natos adultos non hai moitos remedios: cómpre ou ben secuestralos para sempre, nos casos dos incorrixibles, ou suprimilos, cando a súa incorrexibilidade os torna demasiado perigosos" (Lombroso, Cesare. Le più recenti scoperte ed applicazioni della psichiatria ed antropologia criminale, Ed. Fratelli Bocca, Torino 1893, Cap. XIV, páx. 314).

Outro trazo característico da obra de Lombroso é a precariedade do seu método científico. Da observación empírica adoita sacar afirmacións categóricas e relacións de causalidade escasamente fundadas, ás veces sobre a poboación das prisións ou dos manicomios. Por exemplo, da comparación entre a temperatura anual media nas distintas provincias de Italia e o índice de homicidios en cada unha delas, conclúe que a calor favorece este tipo de delitos[2].

A posición segundo a cal os delitos son produto destes diversos factores determinantes, leva loxicamente a bregar por un código penal que os prevea e axuste as condenas á existencia deses mesmos factores, deixando de lado as preocupacións da chamada dogmática penal. A pena ten como obxectivo segundo Lombroso a defensa social, entendida como neutralización do perigo que para a sociedade representan certos individuos que non poden dominar as súas tendencias criminais. Ao mesmo tempo, ten o fin de intentar unha readaptación nos casos en que fose posible.

A concepción de Lombroso torna irrelevante o estudo da imputabilidade do suxeito, xa que –segundo se deriva loxicamente dos seus postulados– todos os criminais son inimputables, e canto menor sexa a súa responsabilidade, maior é a súa perigosidade. Esta idea oponse agudamente ás concepcións máis frecuentes entre avogados e xuristas, aos que Lombroso criticou, sostendo que pretendían minorar a pena precisamente para os individuos máis perigosos[3].

Obras

  • Studi per una geografia medica d'Italia, Milán, Giuseppe Chiusi, 1865.
  • L'uomo delinquente, Milán, Hoepli, 1876.
  • Genio e follia, 3ª ed. ampliata, con 4 apéndices, Milán, Hoepli, 1877 (1ª ed.: Milán, Giuseppe Chiusi, 1864).
  • Le più recenti scoperte ed applicazioni della psichiatria ed antropologia criminale, Torino, Fratelli Bocca, 1893.
  • Gli Anarchici, Torino, 1894.
  • Grafologia, Hoepli, Milán, 1895.
  • La donna criminale, 1895.
  • Nuovi studii sul genio, Milán-Palermo, Sandron, 1902.
  • La donna delinquente, 1927.
  • La donna delinquente, la prostituta e la donna normale, reeditado en 2009.

Notas

  1. Lombroso, C.: El delito. Sus causas y remedios, tradución ao castelán de Bernaldo Quirós. Ed. Victoriano Suárez. Madrid, 1902. cap. I, páx. 7 a 21; cap. II, páx. 29 a 32; cap. III, páx. 35 a 57; cap. IV, páx. 71 a 82; cap. V, páx. 85 a 97; cap. VI, páx. 107 a 119; cap. VII, páx. 123 a 144; cap. VIII, páx. 148 a 157; cap. IX, páx. 164 a 185; cap. XII, páx. 213 a 238).
  2. Lombroso, C.: El delito. Sus causas y remedios, tradución ao castelán de Bernaldo Quirós. Ed. Victoriano Suárez. Madrid, 1902. Cap. III, páx. 43 a 52).
  3. Lombroso, C.: El delito. Sus causas y remedios, tradución ao castelán de Bernaldo Quirós. Ed. Victoriano Suárez. Madrid, 1902. Cap. VIII, páx. 490).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mella, R. (1896): Lombroso e os anarquistas. Vigo, Edicións Xerais; 1999.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!