Agardábase que a planificación rematase a finais do 2023. Antes do evento principal realizaríanse algúns ensaios sen público en lugares variados e outros no sitio do evento, considerados como "aperitivos" por Thierry Reboul, Director Executivo de marca, creatividade e participación dos Xogos. A primeira toma de cámara realizouse en setembro de 2023 e agárdase que 130 cámaras proporcionen a cobertura do evento.[2] O evento retransmitirase en 80 pantallas xigantes ao longo da ruta do Sena.[3] Organizada polo actor e director de teatro Thomas Jolly, será a primeira cerimonia de inauguración que se celebrará fóra dun estadio olímpico.[3][4] A visión coreográfica foi creada por Maud Le Pladec.[5]
Orixinalmente agardábase que os asistentes foran máis de 500.000[2] (sen pagar) e 100.000 espectadores adicionais pagando nos peiraos inferiores do río,[6] sumando un total de 600.000.[7] As cifras supoñen unha taxa de ocupación de 3 persoas por metro cadrado.[6] Porén, tras unha suxestión en maio de 2023 de Amélie Oudéa-Castéra, ministra francesa de Deportes e Xogos Olímpicos e Paralímpicos, de que se limitase a entre 300.000 e 400.000 de balde, e tras preocupacións adicionais de seguridade e transporte, a cifra reduciuse a un máximo de 300.000 a finais de novembro de 2023.[6] A finais de decembro de 2023 propúxose unha nova redución, xa que os servizos de seguridade preferirían a cerimonia nun estadio para facilitar a implementación das medidas de seguridade.[8] As bancadas extenderanse dende a Biblioteca François-Mitterrand ata a Torre Eiffel.[6]
O público alinearase ás beiras do Sena, tomando asento ao longo dos 6 quilómetros nos peiraos superior e inferior, así como dos ríos que se atopan a cada lado.[2][3] O equipo organizador contará en total con entre 6.000 e 8.000 persoas, incluída a seguridade nos días previos á cerimonia. A cerimonia en si contará con 2.000 bailaríns.[2] Todo o persoal involucrado en auga, aire e terra ascenderá a 45.000, cunha media de 3.750 persoas por km2.[8] Esta cifra non inclúe os aproximadamente 2.000 axentes necesarios para monitorizar as tendas de campaña situadas na entrada dos posuidores de boletos pagados e as forzas da orde localizadas nos peiraos elevados durante todo o percorrido.[8] O elenco e os deportistas percorrerán o río dende a Ponte de Austerlitz ata a Ponte de Jena, fronte á Torre Eiffel e os Xardíns do Trocadero, onde terá lugar o evento principal.[7]
En maio de 2023, as entradas para o evento saíron á venda mediante sorteo por primeira vez, con prezos que oscilaban entre 90 euros e 2700 euros,[9] sendo estas últimas as máis caras que saíran nunca á venda para uns Xogos.[10]
En 2023, fixéronse plans para retirar os postos de libros xunto ao río durante a cerimonia de apertura e, como práctica, en novembro de 2023, desmanteláronse varios postos de libros.[11][12] Porén, en febreiro de 2024, o presidente Macron descartou o plan de retirar os pequenos quiosques dos libreiros.[13]
En outubro de 2023, tralas preocupacións de seguridade causadas pola invasión rusa de Ucraína, a guerra entre Israel e Hamás de 2023 e o apuñalamento da escola de Arras, tanto o goberno francés coma o Comité Organizador de París para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de 2024 (COJOP2024) declararon que non había plans oficiais para cambiar o sitio da inauguración, indicando que "o Plan A ten en conta todas as ameazas". Oudéa-Castréa afirmou a BFM TV que estaban poñendo atención ao contexto e que o goberno estivera traballando en "axustar variables", desexando manter o formato orixinal.[6] En decembro de 2023, o presidente Macron afirmou que había múltiples escenarios para a cerimonia, en caso de que un evento maior de seguridade obrigase a abandonar o Sena. Ante isto, COJOP2024 afirmou que tiñan "plans de continxencia para todos os escenarios de risco identificados: vagas de calor, ciberataques, e a cerimonia non é unha excepción".[7]
Inicialmente agárdase que as máis de 200 delegacións se repartan entre 160 barcos e barcazas,[14] dos cales ao dedor de 50 participaron nun ensaio reducido realizado en xullo de 2023, transportando delegacións de atletas, equipos de televisión e servizos de emerxencia.[4] En abril de 2013, 116 naves de 42 compañías comprometéranse a participar, co 98% de todos os barcos provenientes da propia París e o resto de compañías rexionais de navegación, coma o patrocinador local Highfield Boats.[15]
En febreiro de 2024 anunciouse que o número de espectadores que asistirían á cerimonia inaugural se reduciría dos 600.000 espectadores propostos a uns 300.000. Haberá 100.000 entradas pagadas para a cerimonia e aorededor de 200.000 entradas de balde.[16][17] O mes seguinte declarouse unha cantidade exacta de 326.000 billetes, dos cales 104.000 billetes eran pagados para o banco inferior e 222.000 billetes eran de balde para o banco superior.[18] As entradas de balde distribúense en tres roldas e están destinadas a familias con baixos ingresos que viven en zonas desfavorecidas, movementos deportivos, mozos, persoas que axudan a organizar os Xogos Olímpicos, incluídos comerciantes e traballadores da cidade.[19] Como se propuxo orixinalmente, non se entregarán entradas de balde aos turistas.[20]
O ensaio da cerimonia previsto para o 24 de xuño de 2024, foi posposto debido a un forte caudal do río Sena.[21][22]
O Desfile das Nacións, durante o cal os 10.500 atletas participantes desfilarán categorizados por delegación,[3] terá lugar no Sena, mentres que outros actos cerimoniais se celebrarán nos Xardíns do Trocadéro.[25][26]Gérald Darmanin, ministro do Interior, estimou que se necesitarán 25.000 axentes de seguridade e que se despregarán ao redor de 35.000 policías para a cerimonia de apertura.[9][25]
Plan da cerimonia de apertura dos Xogos polo río Sena.