Mapa de Castela a Nova.
Castela a Nova era unha rexión histórica castelá , que comprendía aproximadamente as actuais provincias de Cidade Real , Cuenca , Guadalaxara , Madrid e Toledo . Estaba formada, basicamente, polas comarcas históricas de La Alcarria , La Sierra e A Mancha , e estaba delimitada por Castela a Vella polo norte, Aragón e Valencia ó leste, Murcia e Andalucía polo sur, e Estremadura polo oeste.
Historia e características
A súa orixe está no reino de Toledo , taifa conquistado en 1085 polo rei Afonso VI de Castela . Desde o século XVI comezou a coñecerse como Castela a Nova.
O 1785 , despois do Ordenamento territorial de Floridablanca , Castela a Nova quedou dividida nas provincias de Cuenca , Guadalaxara , A Mancha , Madrid e Toledo , quedando fóra da rexión o centro e sur da actual provincia de Albacete , que quedou integrada dentro da provincia de Murcia .
Coa división provincial de 1833 de Francisco Javier de Burgos , a provincia da Mancha substituíuse pola de Cidade Real , aínda que parte do seu territorio tamén pasou ás provincias de Toledo , Cuenca e Albacete , provincia inexistente ata entón e que se creou con territorios das antigas provincias de Cuenca , A Mancha e Murcia , e quedou integrada administrativamente dentro da Rexión de Murcia , aínda que a maior parte da provincia formaba parte da Mancha .
Hoxe en día Castela a Nova non ten entidade política e o seu antigo territorio corresponde aproximadamente ás comunidades de Madrid e Castela-A Mancha .
Véxase tamén