Casón del Buen Retiro

Casón del Buen Retiro
Coordenadas40°24′55″N 3°41′22″O / 40.41525, -3.689569
editar datos en Wikidata ]

O Casón del Buen Retiro é un dos dous únicos edificios que sobreviviron á destrución do Palacio del Buen Retiro, do que toma o seu nome, en Madrid (España).

Historia e características

Foi construído por Alonso Carbonell en 1637 e deseñado inicialmente como un espazo para salón de baile da Corte de Filipe IV de España.

Desde 1971 é un dos edificios que conforman o Museo do Prado, e durante décadas albergou as súas coleccións de pintura do século XIX (uns 3.000 cadros) así como o Guernica de Picasso. Esta famosa pintura trasladouse ao Museo Raíña Sofía en 1992, e o Casón, tras anos de obras, reabriuse como Centro de Estudos en 2009, mentres que as coleccións do XIX se repuxeron na sede principal do Prado grazas á ampliación de Rafael Moneo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!