Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos,[1] nada en Oleiros o 8 de agosto de 1993,[2] é unha humorista, guionista e youtubeira feminista galega.[3][4] En 2021, foi recoñecida co Premio Marcela e Elisa polo seu traballo en prol dos dereitos LGTBI+, sendo a persoa máis nova en recibir este galardón.[5]
Traxectoria
Trasladouse a Madrid para dedicarse aos monólogos e estudar Lingua e literatura española na Universidade Complutense de Madrid (UCM), aínda que non se licenciou. Paralelamente aos seus estudos universitarios, formouse na Escola Superior de Comedia (EOC), na compañía teatral Jamming e en Factoría del Guión.[6]
Iglesias foi a cómica máis nova en gravar un monólogo para o programa ‘Open Mike’ de Paramount Comedy en 2012 cando tiña 18 anos. Actuou en diversos locais de Madrid, entre os que destaca a súa primeira actuación, na sala Galileo Galilei, para a I Gala Solidaria de Cómicos pola Infancia sen Fronteiras.[6] En 2014, Iglesias publicou o relato “Amor de mierda” que se incluíu no libro Vloggers Now! 3. Dirixiu e escribiu a curtametraxe Sólo pienso en ti, protagonizada por Berta Collado e que foi o máis visto da súa categoría no Notodofilmfest. Protagonizou a curtametraxe Prólogo a una primera cita de Jorge López Anaya.[6]
En 2017, comezou a co-presentar Yu: No te pierdas nada, un dos programas estrela de Los 40, e traballou en programas como Zapeando, Lo siguiente (o programa de Televisión Española presentado por Raquel Sánchez Silva), en Operación Triunfo, Hora yutuber ou Youtubers Live.[7][8] Tamén protagonizou no Palacio de la Prensa un espectáculo teatral sobre a nostalxia dos anos 2000 chamado 'Que vuelva Fotolog' xunto á tamén youtubeira Esty Quesada (Soy una pringada).[3][4]
En 2019, Iglesias foi a presentadora da 17ª edición dos Premios Mestre Mateo xunto a Camila Bossa, David Amor, Xúlio Abonjo e Fernando Epelde.[9]
En 2020, estreou en YouTube xunto a Victoria Martín Válidas, unha webserie sobre dúas cómicas pasando un mal momento e que deciden facerse pasar por parella para conseguir éxito social. Iglesias e Martín escribírona e protagonizárona.[10][11]
En maio dese mesmo ano, presentou Estirando el chicle, un podcast creado novamente xunto a Victoria Martín que se emite en distintas plataformas. Dende o seu lanzamento, en pleno confinamento estrito (marzo-maio) provocado pola pandemia de COVID-19, converteuse nun dos podcast independentes máis escoitados de España.[12][13]
Recoñecementos
En 2009, conseguiu o terceiro premio de fotografía do V Concurso Xurxo Lobato do IES Monelos (A Coruña).[14]
A Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual da Coruña (ALAS) concedeulle o premio Marcela e Elisa de 2021. Este galardón concédeselle anualmente a unha persoa ou entidade implicada na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI+.[15][5]
Obra poética
Notas
- ↑ "Carolina Iglesias: "Si supiese que me llamarían Percebes le habría dado una vuelta al nombre"". La Voz de Galicia. 6 de setembro de 2020. Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ Sanmartín, Xabier. "Carolina Iglesias, sonrisas y redes". elcorreogallego. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 País, Edicións El (16 de marzo de 2018). "Percebes y Grelos: "Lo mío es cultura pop y feminismo, mi canal de YouTube no va a ser viral en la vida"". Verne. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 Barandela, Marta (23 de xuño de 2018). ""Soy cómica, mujer, joven y youtuber: nadie me va a tratar en serio de primeras"". ElDiario.es. Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "La youtuber coruñesa Carolina Iglesias, galardonada con el Premio Marcela y Elisa 2021". Quincemil. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Carolina". También te digo. 13 de outubro de 2014. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ Mingo, Por Alicia (8 de novembro de 2018). "De Percebes y Grelos a Carolina Iglesias, charlamos con la colaboradora de 'El Chat' de 'OT 2018' y 'Lo Siguiente'". Diez Minutos. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ "Así es Carolina Iglesias, alias 'Percebes y Grelos', la copresentadora de 'Yu no te pierdas nada'". El Español. 2 de setembro de 2019. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ "Camila Bossa, David Amor, Xúlio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias conducirán a gala dos XVII Mestre Mateo". 19 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de maio de 2021.
- ↑ "Carolina Iglesias, monólogos y acción". Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ País, Edicións El (7 de abril de 2020). "'Válidas', una webserie de humor sobre ser mujer y cómica en España". Verne. Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ Toast (12 de abril de 2021). "'Estirando el chicle', el Podcast que no te puedes perder". Hay una lesbiana en mi sopa. Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ "Carolina Iglesias y Victoria Martín: las cómicas milenial, feministas y LGTBQ que triunfan con su podcast y en Youtube". theobjective.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2021. Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ Carolina Iglesias. (15 de abril de 2009). "Transición". Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ Redacción (3 de maio de 2021). "La cómica Carolina Iglesias, ‘Percebes y grelos’, recibe el premio Marcela y Elisa 2021". La Opinión de A Coruña. Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ Iglesias, Carolina (2018). El amor, qué movida. ISBN 978-84-948935-4-4. OCLC 1117430391. Consultado o 2021-05-09.
Véxase tamén
Ligazóns externas