A 17ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou as producións audiovisuais de Galicia de 2018 e celebrouse o 2 de marzo de 2019. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no Palacio da Ópera da Coruña. Os nomeados foron anunciados o 7 de febreiro de 2019.
A sombra da lei estaba nomeado en quince categorías e gañou dez premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor dirección de arte, mellor actor.[1] O seguinte filme con maior número de premios foi Trote de Xacio Baño, con cinco galardóns.
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[2]