David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, nado en Salceda de Caselas o 12 de abril de 1980, é un balonmanista, humorista, modelo e actor galego.[1]
Traxectoria
Viviu en Pontevedra e como non era moi bo ao fútbol, escolleu o balonmán aos 14 anos. Foi xogador de balonmán profesional, proclamándose subcampión do mundo coa selección española sub-18. Tamén chegou a participar no campionato de España de quads.
Abandonou o balonmán por unha lesión e traballou de repartidor de pizzas ou de camareiro mentres estudaba a licenciatura de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo en Pontevedra. Cruzouse coa actriz María Castro, tamén deportista, que o introduciu no mundo do espectáculo. Aínda volveu un tempo ao balonmán e deixouno na campaña 2008-2009 na Sociedad Deportiva Teucro. Mais volveu para xogar ás ordes de Modesto Agusto no Octavio Construcciones Castro.[2]
No 2000 comezou a súa andaina como humorista no programa da TVG O Rei da comedia, proclamándose finalista. Participou en diversos programas de humor e series como Mareas vivas, 4º sen ascensor, Supermartes, Land Róber ou A grande escapada. Ao tempo, fai actuacións con monólogos de seu por toda Galicia.
En Antena 3 participou en El club del chiste. En Cuatro apareceu como Tito en Gym Tony. Na TVG participou en Augas Quentes.[3] Presentou eventos de relevancia como o Campionato do Mundo de Hockey.[4]
En 2017 presentou o programa da Televisión de Galicia Con Amor e Compañía e participou como concursante no programa Tu cara me suena de Antena 3. E desde xullo de 2018 colaborou en Zapeando.
Filmografía
Series de televisión
Ano
|
Serie
|
Canle
|
Personaxe
|
Episodios
|
2003
|
Mareas vivas
|
TVG
|
|
1 episodio
|
2004
|
4º sen ascensor
|
TVG
|
|
1 episodio
|
2011
|
Buen Agente
|
LaSexta
|
|
1 episodio
|
2014 - 2016
|
Gym Tony
|
Cuatro
|
Evaristo "Tito" Escudero Nogales
|
339 episodios
|
2015
|
Aquí paz y después gloria
|
Telecinco
|
Fermín
|
8 episodios
|
2016
|
Augas quentes
|
TVG
|
Secundario
|
|
2017
|
Gym Tony LC
|
FDF
|
Evasristo "Tito" Escudero Nogales
|
53 episodios
|
2017
|
Vidago Palace
|
TVG
|
Pepe
|
4 episodios
|
2018
|
Pequeñas coincidencias
|
Prime Video
|
Camareiro
|
1 episodio
|
2019
|
Antes que perder
|
Playz
|
Cabo Roi Fontán
|
5 episodios
|
2000
|
UPA DANCE
|
Antena 3
|
Actor secundario
|
1 episodio
|
Programas de televisión
- Rey de la Comedia (2001). Participante.
- Supermartes (2002-2005). Colaborador.
- O Programón. TVG.[5]
- Supermaster (2006). Principal. Presentador da parte de karaoke.
- A terra dos prodixios. Voz Audiovisual.[6]
- El club del chiste (2010-2013). Principal. Antena 3.
- O clan dos impostores (2015). Principal. TVG.
- Con Amor e compañía (2016). TVG.
- Tu cara me suena (2017-2018). Concursante. Antena 3.
- Ben 10 Challenge (2017). Presentador. Boing (España).
- Zapeando(2018). Colaborador. LaSexta.
- Antes de Perder para Playz (2019). Roi Fontán.
- La mejor canción jamás cantada (2019). Colaborador. TVE.
- ¿Juegas o qué? (2019). Presentador. TVE.
Teatro e monólogos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas