Carmen Rodríguez de Legísima, nada no Pazo de Lousado na parroquia de Loeda do concello ourensán de Piñor en 1896[1][2] e finada en Vigo o 10 de xullo de 1980, foi unha pintora galega.
Carmen foi a filla máis nova nunha familia numerosa, acomodada, de terratenentes e xuristas, conservadora e moi católica. A condición de militar do pai levounos a trasladar o domicilio en varias ocasións, a Tui, A Coruña, Ourense e finalmente a Vigo. Estudou maxisterio en Madrid, que non exerceu, e aprendeu a pintar de xeito autodidacta.
Os retratos e bodegóns de Legísima son de pincelada grosa e forte colorido.[3]