Carmen Hermo

Modelo:BiografíaCarmen Hermo
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora, profesora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1296914 BUSC: hermo-carmen-1967

Carmen Hermo Sánchez, nada en Pontevedra o 23 de setembro de 1967,[1] é unha artista plástica e profesora galega.

Traxectoria

Estudou o bacharelato no IES Valle-Inclán de Pontevedra, graduouse na Universidade de Salamanca e doutorouse en Belas Artes na Universidade de Vigo. Foi profesora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, profesora de ensino secundario[2] e profesora asociada na Universidade de Vigo, departamento de Debuxo[3] na Facultade de Belas Artes.[4]

Foi comisaria da exposición permanente do Museo Man de Camelle e directora do proxecto.[5][6]

Participou en máis de 100 exposicións nacionais e internacionacionais, foi comisaria de varias e participou como xurado en premios.[7]

Proxectos[8]

  • Márboles: árbores mariñas, mergulladas de toros entrópicos atopados nas praias.
  • Ebrios de amor: namorados, bébedos. Estados de nos que o sentir vai alén da consciencia.
  • Marom@s: maromas, cabos soltos, obxectos desdebuxados do seu propio significado.
  • Deriva: as mareas, o vento e as correntes mariñas traen ás praias restos de madeira.
  • 7paxaros_1ra: vídeo ou pintura. Frames ou cadros. Personaxes ou figuras.
  • GPS vegetak: as árbores materializan na súa forma de crecemento a orientación norte.
  • Sensorrúas: a rúa defragmenta é percibida como un todo grazas ao noso intelecto.
  • Arte y Naturaleza: despois do encontro de Arte y Naturaleza en Camelle da man de Nils Udo, fórmase o grupo Arou, un grupo de artistas.
  • Media-Lie: a realidade mediatizada, as medio verdades.
  • Troncos: polifonía de significantes.
  • La mirada de Superman: o novo espectador: a mirada virtual.
  • Partes: Artistas por UNICEF – Segundo Encontro de Arte e Naturaza no Castelo de Soutomaior.
  • Arquitecturas: proxecto desenvolvido coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e o Colexio de Arquitectos de Galicia.
  • Os Augolla: seres de auga
  • Simultaneidad: conceptualización de elementos icónicos que responden a linguaxes como a daa pintura, l televisión, o cine, a literatura, ou a informática.
  • Mutantes: o fragmento como parte dun todo.
  • Nordesía: exposición organizada pola dirección xeral do CGAC no Centro Conde Duque de Madrid.
  • Silencio: o ensimismamento como xerme dun proceso.

Publicacicións

Premios

  • 2007: Primeiro premio do certame Arte Xoven Galego, organizado pola Asociación de Artistas Plásticos Gallegos e El Corte Inglés.[11]
  • 2019: Gala do Libro Galego: Premio na categoría de Libro Ilustrado: Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).[12]

Notas

  1. ARTEINFORMADO (20140603). "Carmen Hermo. Artista". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 2020-12-09. 
  2. "horario" (PDF). iesfreimartinsarmiento.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2021. 
  3. "Carmen Hermo Sánchez Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-12-09. 
  4. "Hermo Sánchez, Carmen". Facultade de Belas Artes. Consultado o 2020-12-09. 
  5. "Museo de Man". O Camiño dos Faros (en castelán). Consultado o 2020-12-09. 
  6. "Vida e morte de Man en vinte debuxos". La Voz de Galicia. 2018-12-08. Consultado o 2020-12-09. 
  7. "Conta atrás para elixir os ‘Novos Valores 2020’ da arte". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-12-09. 
  8. "carmen hermo" (en castelán). Consultado o 2020-12-09. 
  9. "Pintar en la era digital carmen hermo" (en castelán). Consultado o 2020-12-09. 
  10. "La pintora Carmen Hermo presenta “Man de Camelle” en el Espacio Kalandraka" (en castelán). 2019-03-20. Consultado o 2020-12-09. 
  11. "Carmen Hermo, ganadora del II Premio Arte Xoven". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-12-09. 
  12. "Carmen Hermo. Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-12-09. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!