Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Logo
sede do COAG na Casa da Conga Editar o valor en Wikidata
AcrónimoCOAG
Tipocolexio profesional
Campo de traballoarquitectura
Data de fundación2 de maio de 1973
Organización matrizConsejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España
SedeSantiago de Compostela
EnVigo
PaísGalicia
42°14′14″N 8°43′29″O / 42.237277777778, -8.724808333333
Na rede
https://portal.coag.es/
Facebook: ColexioOficialdeArquitectosdeGalicia Twitter: arquitectosCOAG Instagram: arquitectoscoag Youtube: UC8tM4IXgY4zNDewo4dZ1svA BNE: XX254211 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) é o colexio profesional oficial de arquitectos de Galicia. Forma parte do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.

Sede de Vigo, obra dos arquitectos Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera
Sede de Vigo, obra dos arquitectos Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera

Traxectoria

Esta Corporación de Dereito Público foi creada por Decreto de 2 de maio de 1973, mediante segregación do antigo Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia,[1] contando nese momento con 120 colexiados. O 16 de novembro de 1999 a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais aprobou os seus estatutos[2].

A sede central do COAG está en Santiago de Compostela, e ten delegacións en Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Delegación provincial en Pontevedra.

Dende 2023 ostenta o cargo de decano-presidente Luciano González Alfaya e ao 31 de decembro de 2022 contaba con 2958 colexiados. Foron decanos: Andrés Fernández-Albalat Lois (1973-1977); Xosé Bar Boo (1977-1979); Juan José González-Cebrián Tello (1979-1981); Xabier Suances Pereiro (1981-1983); Miguel Silva Suárez (1983-1986); Arturo Conde Aldemira (1986-1989); José Manuel Rey Pichel (1989-2003); Teresa Táboas Veleiro (2003-2005); (2005-2011) Celestino García Braña; (2011-2013) Jorge Duarte Vázquez; (2013-2019) Antonio Maroño Cal; (2019-2023) Elena Ampudia Aixendri.

No ano 2010 o Proxecto Terra, un proxecto educativo posto en marcha polo COAG, recibiu o Premio Nacional de Urbanismo.[3], e, no 2011, o premio da Crítica Galicia de Iniciativas Culturais.

Notas

  1. Ministerio de Vivenda. Decreto 1025/1973 [1], de 2 de maio, polo que se crea o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  2. Decreto 293/1999 [2], do 28 de outubro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; modificados parcialmente pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Decreto 254/2008 [3], do 23 de outubro.
  3. "Documento BOE-A-2011-11158". Boletín oficial del Estado (en castelán) (153): 68879. 28 de xuño de 2011. Consultado o 16 de abril de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!