O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997 foi a 48ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 40ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezasete Grandes Premios que se iniciaron o 9 de marzo e finalizaron o 26 de outubro.
Michael Schumacher foi descualificado do campionato tras a última carreira, o Gran Premio de Europa. Polo tanto, os seus 78 puntos non computaron na clasificación de pilotos, aínda que si para o mundial de construtores.
Tres novos equipos entraron na Fórmula Un en 1997: Prost, que substituíu a Ligier, Stewart e Lola, este último so participou no Gran Premio de Australia de 1997, logo da pésima actuación do equipo neste Gran Premio se produciu unha falta de patrocinio para o seguinte Gran Premio en Brasil. Footwork cambiou o seu nome polo de "Arrows" e pasaron dos motores Hart, utilizados o ano anterior á Yamaha. Tyrrell cambiou os seus motores, de Yamaha aos motores Ford.
Bridgestone entrou na F1 e forneceu de pneumáticos a cinco equipos: Arrows, Prost, Minardi, Stewart e Lola.
Negra – Pole Cursiva – Volta rápida † Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.