O Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas é a máxima competición europea de piragüismo en augas tranquilas.
É organizado anualmente pola Asociación Europea de Piragüismo (ECA). Celebrouse por primeira vez en 1933 en Praga baixo o auspicio da Federación Internacional de Piragüismo. En 1997 retomáronse os Campionatos de Europa e agora teñen lugar anualmente.
A piragüista con máis títulos nos Campionatos de Europa é a húngara Katalin Kovács, que conta con 29 medallas de ouro, 17 medallas de prata e 2 medallas de bronce no seu haber. Entre os homes, o número de vitorias está liderado polo alemán Ronald Rauhe, que gañou os campionatos europeos en 16 ocasións.
A seguinte táboa recolle todas as medallas gañadas por cada nación desde a edición de 1997. As probas de exhibición non están incluídas. Actualizado ata o Campionato Europeo de 2018.
Na seguinte táboa recóllense os piragüistas que obtiveron máis medallas dende a edición de 1997 (actualizado ata o Campionato de 2018).