O Cabido de Gran Canaria (en castelán: Cabildo de Gran Canaria) é o órgano de goberno da illa de Gran Canaria, nas Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa.