Boubacar Boris Diop
Boubacar Boris Diop, nado en Dakar o 26 de outubro de 1946, é un escritor e xornalista senegalés. No ano 2000, recibiu o Gran premio literario da África negra polo conxunto da súa obra[1].
Traxectoria
Estudou literatura e filosofía en Dakar e deu clases ata 1981 desas materias en varios centros de ensino secundario senegaleses e foi conselleiro técnico do ministerio de cultura. Realizou un curso de xornalismo na Universidade de Dakar, traballou tamén como xornalista en diversos periódicos locais e en 1986 foi un dos fundadores de Sud Magazine primeiro xornal independente do Senegal[2], e tamén colaborou co Neue Zürcher Zeitung, Afrique, perspectives et réalités ou Chimurenga. A partir de 1996 foi director de Le Matin de Dakar[3]. En 1998 por iniciativa dos xornalistas Nocky Djendanoum e Maimouna Coulibaly viaxou a Ruanda, canda outros dez escritores africanos, para participar nun proxecto literario sobre o xenocidio de Ruanda:" Rwanda: écrire par devoir de mémoire" para o que escribiu a novela Murambi, le livre des ossements e esa experiencia tamén foi fundamental para comezar a escribir en lingua wólof.[4]
Obras
Novelas
- Le Temps de Tamango, París, L’Harmattan, 1981, coll. Encres noires. Réédition : París, Le Serpent à Plumes, 2002, coll. Motifs (Prix du bureau sénégalais du droit d’auteur)
- Les Tambours de la mémoire, París, L’Harmattan, 1991, coll. Encres noires (Grand prix de la République du Sénégal pour les lettres)
- Les Traces de la meute, París, L’Harmattan, 1993, coll. Encres noires
- Le Cavalier et son ombre, París, Stock, 1997 (Prix Tropiques)
- Murambi, le livre des ossements, París, Stock, 2000. Réédition enrichie d'une postface de l'auteur : París, Éditions Zulma, 2011, réedition Éditions Zulma en poche : coll. Z/a, 2014.
- Doomi Golo, Dakar, Papyrus, 2003 (en wólof)
- L’Impossible Innocence, París, Éditions Philippe Rey, 2004 (ISBN 978-2-84876-013-1)
- Kaveena, Éditions Philippe Rey, 2006 (ISBN 2-84876-051-6)
- Les Petits de la guenon, Éditions Philippe Rey, 2009 (tradución libre da súa obra en wólof Doomi Golo) (ISBN 978-2-84876-145-9)
Teatro
- Thiaroye, terre rouge, París, L’Harmattan, 1990
Ensaios
- Négrophobie, avec Odile Tobner et François-Xavier Verschave, Les Arènes, 2005 (ISBN 978-2-912485-81-6)
- L'Afrique au-delà du miroir, Éditions Philippe Rey, París, 2007 (ISBN 978-2-84876-068-1)
- La Gloire des imposteurs : Lettres sur le Mali et l'Afrique (avec Aminata Dramane Traoré), Éditions Philippe Rey, París, 2014 (ISBN 978-2-84876-232-6)
Notas
|
|