Era o fillo máis vello de Denethor II, o último dos mordomos de Gondor. Como descendente dos Numenorianos, el era alto, de cabelo longo, e tiña ollos grises. Tamén tiña unha incrible forza física.
Na triloxía de Peter Jackson, o actor Sean Bean interpreta o personaxe de Boromir. En contra da distribución dada por Tolkien para os feitos da novela, a morte de Boromir sucede ao final de A Irmandade do Anel, en vez de ao principio de As dúas torres, pois os guionistas decidiron usar esta escena como desenlace da primeira película. Esta decisión implicou que o papel de Sean Bean se limitara case en exclusiva a O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel, aparecendo nas outras dúas unicamente en diversos flashbacks, que conseguen, non obstante, que o actor apareza nos créditos das tres películas:
Na edición estendida da anterior, Boromir aparece en dúas escenas máis: un recordo de Faramir, no que se ve como chega o seu cadáver a Gondor flotando sobre unha balsa polo Anduín, co Corno de Vorondil roto en dúas partes sobre o peito; e outro dunha conversación sobre o «Dano de Isildur» entre os dous irmáns e o seu pai tras a vitoria de Osgiliath e antes de que Boromir parta para unirse ao Concilio de Elrond.
Na edición estendida desta última, aparece ademais na visualización dun desvarío de Denethor II, que confunde a Faramir co seu fillo máis vello, morto.
Outra diferenza argumental relacionada con Boromir é a representación da súa morte: mentres que na novela se narra como é abatido por frechas lanzadas por anónimos uruks liderados por Uglúk, na película os guionistas decidiron dar un papel máis relevante a Lurtz, un personaxe uruk inventado por eles, sendo este o que dá morte a Boromir co seu arco.
En canto ao aspecto físico do personaxe e a súa caracterización, Sean Bean ten o cabelo claro, mentres que Tolkien describe a Boromir co cabelo moreno. Ademais, na novela, Boromir utiliza unha espada longa e unha daga, e non usa cota de malla, ou polo menos non se específica; mentres que Sean Bean si a viste no filme, e emprega unha espada ancha.