Black Light Burns é unha banda de metal industrial, dos Estados Unidos, formada por Wes Borland, guitarrista da banda Limp Bizkit.
Traxectoria
A formación orixinal de estudo consistía en Borland xunto con Danny Lohner (Nine Inch Nails), Josh Eustis (Telefon Tel Aviv) e Josh Freese (The Vandals, A Perfect Circle, Nine Inch Nails).
O seu álbum debut, Cruel Melody, foi lanzado o 5 de xuño de 2007. A banda publicou un álbum de versións xunto cun DVD o 5 de agosto de 2008, titulado Cover Your Heart and the Anvil Pants Odyssey, e está previsto que o seguinte álbum da banda sexa lanzado en 2011.