Benicarló

Modelo:Xeografía políticaBenicarló
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°25′07″N 0°25′23″L / 40.418611111111, 0.42305555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaCastelló
Comarca da Comunidade ValencianaBaix Maestrat Editar o valor en Wikidata
Capitalsen valor Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación28.681 (2023) Editar o valor en Wikidata (598,77 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante)
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie47,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude21 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación14 de xuño de 1236 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónBertomeu Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuanma Cerdá Tena (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal12580 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE12027 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos12027 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webajuntamentdebenicarlo.org Editar o valor en Wikidata
Twitter: ajunt_benicarlo Editar o valor en Wikidata

Benicarló é un concello do País Valenciano. Situado na costa norte da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Ten 26.381 habitantes (INE 2008).

Igrexa de Sant Bartomeu

Xeografía

Situada a beiras do mar Mediterráneo e rodeada de hortas de regadío, Benicarló ten un clima privilexiado propio do litoral no que se sitúa. Ao norte da cidade desemboca a rambla de Cervera.

Accédese a esta localidade dende Castelló de la Plana tomando a N-340 ou a AP-7.

Localidades limítrofes

O termo municipal de Benicarló limita coas localidades de Vinaròs, Càlig e Peníscola.

Demografía

A poboación que en 1794 era de 1.300 veciños, pasou a ser de 2.182 en 1877. Esta liña ascendente verase detida entre os anos 1.900-1.930 pola crise no cultivo, a produción e a exportación do viñedo. Pero a partir de 1930, estabilízase o crecemento demográfico.

Evolución demográfica
1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2005 2006 2007 2008
18.200 18.550 19.005 19.229 19.350 19.908 21.488 22.653 25.244 25.503 25.248 26.381

Economía

De grande importancia foi a produción de viño a finais do século XIX, o denominado "Viño Carlón", que constituía a maior fonte de riqueza da cidade. Como exemplo diremos que no 1890 foron exportados 17 millóns de litros. Este cultivo realizábase tanto no termo de Benicarló como nas poboacións veciñas de Peníscola, Càlig e Vinaròs. A praga da filoxera acabou con practicamente todas as viñas da zona, desaparecendo por completo este cultivo.

Entre 1931-1944 construíuse o actual porto, co conseguinte impulso no desenvolvemento do sector pesqueiro que, na actualidade, mantén unha frota de máis de 50 embarcacións, a cal obtivo nos últimos anos, unha media de 1 500 000 quilogramos anuais de toda clase de especies mariñas, entre as que destacan o salmonete da pedra, pescada, polbo, peixe sapo, linguado e cigala.

Na década dos anos 60 do pasado século Benicarló converterase en centro receptor de inmigrantes. As causas que atraen esta poboación son: a industria (entre outros as do moble, as destilerías de esencias químicas e a construción) e o auxe turístico. Na actualidade cidadáns de diversas partes do mundo residen na cidade.

En canto á agricultura hai que sinalar que o termo municipal de Benicarló alberga gran cantidade de explotacións agrícolas, tanto de secán como de regadío, destacando a produción da afamada alcachofa de Benicarló (produto con Denominación de Orixe Europea) cítricos, tomates e outros produtos da horta.

Alcachofa de Benicarló

A alcachofa (Cynara Scolymus) cultívase sobre todo nas rexións mediterráneas e nas zonas que gozan dun clima suave. O seu consumo data, de máis de dous mil anos. Estas plantas foron consideradas xa polos antigos como un apreciable alimento, e recomendábase especialmente con coandro, viño, aceite de oliva e Garum, nome dunha soada salsa de peixe usada na antigüidade.

É un cardo grande como o indican as raíces árabes do seu nome "espina de terra". Este cardo grande aparece no escudo da cidade de Benicarló como reflexo da importancia que tiña este produto, xa desde a antigüidade nesta zona.

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!