Bartolomeu, apóstolo |
Nome orixinal | (arc) בר תולמי |
---|
|
Nacemento | século I a. C. Caná |
---|
Morte | século I Albanopolis, Albania caucásica |
---|
Causa da morte | pena de morte, esfoladura decapitación |
---|
|
Apóstolo |
---|
|
|
|
Relixión | Cristianismo |
---|
|
Ocupación | presbítero |
---|
Profesores | Xesús de Nazaret |
---|
|
|
Día de festividade relixiosa | 24 de agosto 25 de agosto 22 de abril 11 de xuño 30 de xuño Thout 1 |
---|
Símbolo iconográfico | Coitelo |
---|
Patrón de | Contrada Sovrana dell'Istrice (en) , Arquidiocese de Messina-Lipari-Santa Lucia del Mela (pt) , Roman Catholic Diocese of Patti (en) , Arquidiocese de Campobasso-Boiano (pt) , Arquidiocese de Benevento (pt) , Illas Eolias, Armenia, Anghiari (pt) , Arsoli (pt) , Avezzano, Capezzano (en) , Carpineto della Nora (pt) , zapateiro, carniceiro, xastre e Frankfurt |
---|
|
Descrito pola fonte | Encyclopedic Lexicon (en) Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
---|
Bartolomeu[1], ás veces Bertomeu, chamado Natanael (Natan-el bar Tholmai, "Natanael, fillo de Ptolemeo"; en arameo: תולמי-בר, bar-Tôlmay; en grego: Βαρθολομαίος Bartholomaíos), nado en Caná (Galilea) a comezos do século I e finado na Armenia, foi segundo o Novo Testamento, un dos doce Apóstolos de Xesús Cristo. É venerado coma santo en tota a cristiandade.
Traxectoria
Fillo dun cananeo chamado de Ptolemeo, o seu nome real semella que era Natanael (en arameo Natan-el bar Tholmai). De aquí o nome "bar-Tolmay", en galego Bertomeu, que significa fillo de Ptolemeo.
Segundo o Novo Testamento, veu a Xesús de Nazaret resucitado no Lago Tiberiades e foi testemuña da súa ascensión ao ceo. Segundo Eusebio de Cesarea, Bertomeu foi a predicar á India e, con Xudas Tadeo, predicou na Armenia, por iso son os patróns da Igrexa Apostólica Armenia.
O seu final foi dos máis crueis entre os apóstolos, xa que foi esfolado vivo e, finalmente, decapitado.
-
Detalle do
Xuízo final de
Miguel Anxo onde aparece Bertomeu sostendo a súa pel
-
Martirio do santo, por
Giovanni Tiepolo, 1722 (Venecia, San Stae)
-
Foto antiga do mosteiro de San Bertomeu, no lugar onde foi martirizado (hoxe en ruínas, preto de Albairak en Turquía)
-
San Bartolomeo all'Isola, en Roma, onde fican as reliquias do santo
Veneración
Conmemóraselle o 24 de agosto. Polo seu martirio é patrón de oficios relacionados co traballo da pel, coma os curtidores, e adobadores.
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.