Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Baltar.
Baltar é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 180 habitantes (87 homes e 93 mulleres).
Xeografía
Limita ao norte co polígono industrial do Campiño, ao leste co Sobreiro, ao sur coa parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio e ao oeste coa parroquia de Marcón.
Debido a estar situada na aba dun monte, a altitude varía dependendo da zona:
Altitude por zonas
|
Lugar
|
Altitude (msnm)
|
Casa do Pobo (zona alta)
|
394
|
Cruceiro dos Soane (zona media)
|
377
|
Ponte de Guisal (zona baixa)
|
337
|
Á fin desta aba, atópase o río Carballido, afluente do río San Vicente (este último é afluente do río Verdugo. Pola aldea discorre un regato (dos Martices) e dous torrentes do inverno (das Portelas e dos Saligriños).
Toda a superficie non edificada (excepto o monte máis alto) está dividida en leiras: algunhas cultivadas, outras de pasto e a maioría teñen árbores.
Flora e fauna
A especie vexetal máis abundante é o eucalipto (xeralmente usado para explotación por parte dos veciños). Quedando o castiñeiro e o piñeiro nun segundo lugar. Na zona alta abunda a vexetación arbustiva.
O raposo, o xabarín e a pomba son as especies máis comúns do bosque. Nas proximidades do Carballido abundan os seres semi-acuáticos (lagartos, cágados etc).
Historia
Ademais dos próximos petróglifos do Outeiro da Cabra, non existen restos de asentamentos humanos ata mediados do século XVIII, cando se funda o asentamento actual, con poboación procedente do achegado lugar de Cotas, preto da Ponte de Guisal.
Non foi ata finais do século XIX cando se alzou a primeira e única edificación relixiosa (sen contar os cruceiros), a capela de Cristo Rei.
Patrimonio
Destaca a capela de Cristo Rei (mediados do s. XX, substituíndo á anterior e máis pequena de finais do XIX), dende a que se observan belísimas vistas de toda a ría de Vigo. Preto de aquí, os petróglifos do Outeiro da Cabra. Estes dous lugares atópanse a 0,5 kms do núcleo.
Xa na aldea, destaca o barrio dos Martices (conxunto de casas pegadas, algunhas restauradas; de pequenas ruelas e praciñas). Tamén son importantes os dous cruceiros que hai (Costa dos Seoane e Ponte do Guisal).
Lendas
Dise que hai unha gran trabe de ouro desde o outeiro das Pedras ata a Ponte do Guisal, atravesando a vila de punta a punta.
Sociedade
Comunicacións
Chégase a Baltar pola provincial PO-0206 que comunica a PO-532 con Taboadelo.
Distancia a poboacións
|
Lugar
|
Distancia (km)
|
O Sobreiro (igrexa)
|
2,7
|
Pontevedra
|
11,4
|
Ponte Caldelas
|
9,1
|
Vigo
|
34,6
|
Demografía
A poboación no ano 2015, segundo o Instituto Nacional de Estadística, era de 181 persoas (85 homes e 96 mulleres), o que supón unha lixeira diminución respecto a 2005, cando había 185 veciños. A poboación encadea pequenos ascensos con caídas, e atópase nunha situación mellor ca outras zonas do municipio, por estar máis próxima ós polos de emprego do sector secundario e terciario.
A maior parte da poboación está xubilada, pero está chegando xente nova que traballa no achegado polígono industrial do Campiño. O código postal é 36820.
Actividades culturais
O núcleo ten unha casa do pobo ou local social, onde se realizan diversos cursos e actividades comunitarias.
Personaxes de sona
Lugares e parroquias
Lugares de Xustáns
Parroquias de Ponte Caldelas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos