"Bad" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson. "Bad" foi lanzado por Epic Records en setembro de 1987 como o segundo sinxelo do álbum homónimo. A canción foi escrita, composta e co-producida por Jackson, e producida por Quincy Jones. Jackson declarou que a canción estaba influenciada por unha historia real sobre a que lera.
"Bad" foi ben recibida polos críticos musicais. A canción acadou o número un en Billboard Hot 100, e mantívose nesa posición por dúas semanas, converténdose no segundo número un do álbum Bad, e o sétimo na súa carreira. Internacionalmente, a canción foi un éxito comercial, colocándose no "top ten" en once países e no "top five" no Reino Unido, Francia, Italia, Noruega, Suíza e Suecia. Ademais, conseguiu o número un nas listas dos Países Baixos