A deusa Bachué (en lingua muisca: "a do peito espido"), é unha deusa nai que segundo a relixión muisca é a nai da humanidade. Xurdiu das augas da lagoa de Iguaque cun meniño no colo, quen medrou para devir no seu marido e poboar a Terra. Recibiu adoración nun templo na área do actual concello de Chíquiza, anteriormente chamado "San Pedro de Iguaque".
Mitoloxía
Cando o neno medrou, Bachué casou con el e viaxou a través dos territorios dos muiscas. Cada vez que quedaba embaraza daba a luz entre catro e seis fillos. Os muiscas crían que tódalas persoas tiñan como antepasado común a Bachué. Cando os seus fillos medraron, Bachué regresou á lagoa de Iguague co seu primeiro fillo e despois dun dicursos final converteuse en dúas cobras xigantes e mergullouse na auga, convertendo este sitio nun lugar sagrado para os muiscas.[1]
Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas(en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN978-958-14-0368-4.