Bárbara Lennie Holguín, nada en Madrid o 20 de abril de 1984, é unha actriz española de orixe arxentina.[1] A moi curta idade trasladouse xunto á súa familia a Bos Aires (Arxentina), onde viviu até os seis anos, para logo regresar novamente a España en 1990.
Traxectoria
Licenciouse en Interpretación pola Real Escola Superior de Arte Dramática. Protagonizou os filmes Dictado, Todas las canciones hablan de mí, Mujeres en el parque, Obaba, La bicicleta, Todos los días son tuyos, e Más pena que gloria, no que debutou con só quince anos. Ademais traballou en Las trece rosas, de Emilio Martínez Lázaro, La piel que habito, de Pedro Almodóvar. Os seus últimos traballos inclúen filmes como Magical Girl de Carlos Vermut, María (e os demais) de Nely Reguera e Contratiempo de Oriol Paulo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas