Avelino Otero Montes

Modelo:BiografíaAvelino Otero Montes
Biografía
Nacemento1919 Editar o valor en Wikidata
Lavadores, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de maio de 1947 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Lavadores, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAvelino Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1625 Los de la sierra: 5903

Avelino Otero Montes, coñecido como Avelino e Manuel López, nado en Lavadores en 1919 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Xornaleiro e militante do PCE. Afiliado ao Ateneo comunista de Cabral. O seu irmán José foi paseado en 1936. Mobilizado en 1937, logrou pasarse ao bando leal. Foi detido en Valencia o 31 de marzo de 1939 e condenado a prisión. Pasou por varios campos de concentración de levante e finalmente foi obrigado a incorporarse a un Rexemento de gornición en Zaragoza. Reclamado polas autoridades, foi enviado á cadea zaragozana de Mozarrifar. Saíu en liberdade vixiada en abril de 1942. Reclamado novamente polas autoridades militares de Zaragoza, decidiu botarse ao monte e integrouse na guerrilla de José García Morales en 1943. En 1946 pasou ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, comandado por Manuel Simón Campos, converténdose no seu secretario político. Foi acusado con Manuel Simón Campos da morte do falanxista de Cabral Eusebio Lago Campos acontecida o 30 de xaneiro de 1947.[1] Suicidouse o 21 de maio de 1947 xunto con Manuel Simón Campos nun enfrontamento coa Garda Civil preto de Lavadores, ao sentirse acurralados.[2] Foron detidos Ramón Villar Paz e Eladio Covelo Álvarez.

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 9-4-1947, p. 4.
  2. Avelino Otero Montes na base de datos do proxecto Nomes e voces.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 462. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 103. ISBN 84-8485-231-8. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!