Augusto Algueró Dasca, nado en Barcelona o 23 de febreiro de 1934 e finado en Torremolinos o 16 de xaneiro de 2011, foi un compositor e director de orquestra español.
Traxectoria
Seguiu os seus estudos musicais no Conservatorio Municipal de Barcelona e estudou a carreira de medicina. A súa carreira musical comezou na década dos 50, cando tiña 16 anos de idade. Entre 1961 e 1974 estivo casado coa actriz Carmen Sevilla, coa que tivo un fillo, Augusto J. Algueró, tamén compositor. En 1986 volveu casar, desta vez con Natividad Benito. Faleceu en Torremolinos o 16 de xaneiro de 2011 debido a unha parada cardiorrespiratoria mentres durmía.
Véxase tamén
Ligazóns externas