Atahualpa, do quechua Ata-wallpa, que en galego quere dicir 'galo', nado en 1500 e finado o 26 de xullo de 1533, foi o décimo terceiro gobernante inca, e aínda que tivo sucesores nomeados polos españois é considerado como o último emperador incaico.
Traxectoria
O seu pai Huayna Cápac morreu contra 1525, sen designar sucesor. Ese feito desatou unha guerra civil incaica pola sucesión entre Atahualpa e o seu irmán Huáscar. Atahualpa atopábase en Quito, ao mando do exército incaico do norte e a cargo do goberno da rexión, subxugada ao imperio incaico. Tras unha longa campaña, Atahualpa venceu a Huáscar en 1532, preto de Cuzco.[1]
Atahualpa estaba en Cajamarca cando recibiu a visita dunha expedición española ao mando de Francisco Pizarro, que o capturou. Atahualpa ofreceu un rescate a cambio da súa liberdade, e Pizarro aceptou. Non obstante, os españois decidiron desfacerse del. Tras recibir o rescate, foi acusado traizón, de conspiración contra a coroa española e do asasinato de Huáscar. Enxuizárono, sentenciárono a morte foi executado.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas