A Asociación Europea de Atletismo (AEA), en inglés, European Athletic Association (EAA), é a institución que organiza e rexe o atletismo en Europa.[1]
A AEA representa ás federacións nacionais europeas de atletismo a nivel competitivo perante a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF).[1]
Así mesmo, é a responsábel de organizar periodicamente as competicións atléticas continentais.
Ten a súa sede na cidade de Lausana (Suíza). O seu presidente na actualidade é o noruegués Svein Arne Hansen.
A AEA conta coa afiliación de 50 federacións nacionais do continente europeo.
Foi fundada o 24 de setembro de 1933 en Berlín, baixo o nome de Comité Europeo de Atletismo. O 1 de novembro de 1969, nun congreso celebrado en Bucarest (Romanía), acordouse facer unha reestruturación da organización, cambiando a súa denominación pola actual. Posteriormente, en 2003, foi reconstituída de novo.[2]
En 1934 realizouse o primeiro Campionato de Europa de Atletismo na cidade de Turín (Italia). O primeiro Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta levouse a cabo en 1970 en Viena (Austria), e o primeiro Campionato de Europa de Campo a Través en 1994 na localidade inglesa de Alnwick.[2]
A AEA organiza anualmente numerosas competicións internacionais, das que as máis importantes son as seguintes:
A estrutura xerárquica da Asociación está formada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Congreso (que se reúne cada dous anos), o Comité Executivo, o Consello e os Comités Técnicos.
Desde a súa constitución como AEA en 1969:
As federacións afiliadas á Asociación Europea de Atletismo son: