Constitúen o filo máis numeroso e diversificado do reino animal, e inclúe, entre outros, aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Coñécense case 1 200 000 especies descritas, a súa maioría insectos (un millón),[1][2] que representan polo menos o 80 % de todas as especies animais coñecidas.
Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, e a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos.
Pode ser que os primeiros artrópodos foran similares aos seus presuntos antecesores, os anélidos. O seu corpo era longo e brando, e tiña moitos segmentos ou metámeros, todos eles moi similares entre si e equipados cun par de patas. Posteriormente a superficie do corpo endureceuse até formar un esqueleto externo ou cutícula constituído por quitina, proteínas, lípidos e sales de calcio.
Pénsase que as formas Parvacornia e Spriggina da fauna de Ediacara, de hai uns 555 millóns de anos, eran artrópodos.[3][4][5]
Pequenos artrópodos con cunchas semellantes ás dos bivalvos encontráronse en xacementos de fósiles do cámbrico temperán, de 541 a 539 millóns de anos de antigüidade, na China.[6][7]
Os primeiros fósiles de trilobites cámbricos datan duns 530 millóns de anos, pero a clase xa estaba bastante diversificada en todo o mundo, o que suxire que xa existira durante algún tempo antes.[8] A revisión nos anos 1970 dos fósiles dos xistos de Burgess de hai cerca de 505 millóns de anos permitiron identificar numerosos artópodos, algúns dos cales non se poderían asignar a ningún dos grupos coñecidos, o que intensificou o debate acerca da explosión cámbrica.[9]
Os fósiles máis antigos de crustáceos datan de hai aproximadamente 513 millóns de anos, no cámbrico.[10] O arácnido máis antigo coñecido é Palaeotarbus jerami, de hai sobre uns 420 millóns de anos, no silúrico.[11] E o máis antigo insecto fósil é Rhyniognatha hirsti, do Devoniano, datado entre 396 e 407 millóns de anos, pero as súas mandíbulas son dun tipo que se encontra só en insectos alados, o que suxire que os primeiros insectos apareceron no período silúrico.[12]
Características xerais
Nota: para as características pariculares de cada orde, véxanse os arigos correspondentes.
Os artrópodos constitúen unha das grandes divisións do reino animal, subdividida á súa vez en diversas clases, algunhas das cales contan con gran número de xéneros e especies. Denomínanse así por estaren provistos de patas articuladas. Pero en realidade non son sá as patas, senón todo o corpo o que está formado por varios segmentos unidos entre si por medio de articulacións, así como os sertmentos dos apéndices.
A pesar da súa variedade e disparidade, os artrópodos posúen en común características morfolóxicas e fisiolóxicas comúns fundamentais:
Corpo constituído por segmentos repetitivos, fenómeno coñecido como metamería, co que o corpo aparece construído por módulos repetidos ao longo do eixe anteroposterior. A segmentación vai acompañada de rexionalización ou tagmatización, con división do corpo en dúas ou tres rexións na maioría dos casos. Por este carácter relacionáronse tradicionalmente cos anélidos que tamén son animais metamerizados;[2][14][15] pero os defensores do clado dos ecdisozoos argumentan que é un caso de converxencia evolutiva.
Anatomía dos artrópodos
Os artrópodos teñen o corpo segmentado (2), envolvido nun exosqueleto quitinoso, con varios apéndices articulados (1). Os apéndices están especializados para a alimentación, para a percepciónsensorial, para defensa e para a locomoción. Son estas "patas articuladas" as que dan o nome ao filo e as que o separan dos filos máis próximos, os onicóforos e os tardígrados.
Os segmentos poden estaren agrupados en rexións do corpo, denominadas tagmas, tipicamente:
O primeiro segmento da cabeza é denominado acron, e normalmente leva os ollos, que poden ser simples ou compostos. O último segmento do abdome (3) remata no telson. Cada segmento contén, polo menos primitivamente, un par de apéndices.
Fisioloxía dos artrópodos
Os artrópodos respiran por un sistema de traqueas, túbulos que abren ao exterior a través de poros ou pequenos orificios na cutícula denominados espiráculos, que se estenden por todo o corpo facilitando o intercambio de gases. Os artrópodos acuáticos teñen branquias ligadas ao sistema de traqueas.
Uns poucos artrópodos, como os cirrípedes, son hermafroditas, isto é, cada individuo pode ter os órganos de ambos sexos. Porén, os individuos da maioría das especies permanecen nun único sexo toda a súa vida.[16] Unhas poucas especies de insectos e crustáceos poden reproducirse por partenoxénese, especialmente se as condicións favorecen unha "explosión demográfica". Así a todo, moitos artrópodos confían na reprodución sexual, e as especies partenoxenética reverten á reprodución sexual cando as condicións se tornan menos favorables.[17] Os artrópodos acuáticos poden reproducirse mediante fecundación externa como, por exemplo, fan as ras; ou por fecundación interna, na que o óvulo permanece no corpo da femia e o esperma debe ser introducido dalgunha maneira. Todos os artrópodos terrestres coñecidos usan a fecundación interna. Os opilións, os diplópodos, e algúns crustáceos usan apéndices modificados como gonópodos ou penes para transferir o esperma directamente á femia. Non obstante, moitos machos de artrópodos terrestres producen espermatóforos, bolsas de esperma impermeables, que as femias toman dentro dos seus corpos. Unhas poucas especies confían nas femias para atopar espermatóforos que previamente foron depositados no chan, pero en moitos casos os machos só depositan espermatóforos cando parecen ter éxito rituais complexos de cortexo.[16]
A maioría dos artrópodos poñen ovos,[16] mais os escorpións son ovovíparos: nacen as crías despois de que os ovos foron incubados dentro da nai, e son obxecto dun prolongado coidado materno[18] Os artrópodos que acaban de nacer teñen diversas formas, só os insectos abranguen un amplo rango de formas extremas. Algunha crías que acaban de saír da casca do ovo aparentan adultos en miniatura (desenvolvemento directo), e noutros casos, coma no peixiño de prata, as crías non se alimentan e poden estar desamparados ata despois da súa primeira muda. Moitas crías de insecto, coma as larvas dos coleópteros ou as eirugas, que non teñen membros segmentados ou cutículas endurecidas, metamorfosean en formas adultas entrando nunha fase inactiva na que rompen os tecidos larvarios e se reutilizan para construír o corpo adulto.[19] A larva da libélula ten as cutículas típicas e os membros articulados dos artrópodos pero teñen branquias que lles permiten a respiración acuática e mandíbulas extensibles.[20] As crías dos crustáceos nacen comunmente como as delgadas larvas dos peneidos con só tres segmentos e pares de apéndices.[16]
Filoxenia dos artrópodos
Durante moitas décadas, as relacións filoxenéticas dos celomados baseáronse na concepción dos articulados de Cuvier,[21] un clado formado por anélidos e artrópodos. Numerosas análises morfolóxicas modernas baseados en principios cladísticos corroboraron a existencia do clado Articulata, por exemplo, Brusca & Brusca,[2] Nielsen[14] ou Nielsen et al.,[15] entre outros.
Porén diversas análises cladísticas, como a de datos combinados de Zrzavý et al.[13] chegaron á conclusión de que anélidos e artrópodos non están directamente relacionados. A presenza de metamerización en anélidos e artrópodos debería considerarse, pois, como unha converxencia evolutiva. Polo contrario, estes estudos propoñen o clado Ecdysozoa no que os artrópodos mostran estreitas relacións filoxenéticas con grupos de pseudocelomados, como nematodos, nematomorfos, priapúlidos e quinorrincos, pola presenza compartida dunha cutícula quitinosa e un proceso de muda (écdise) da mesma.
Posteriormente, Manton [25] e Anderson [26] sostiveron o polifiletismo do grupo.
Coa aparición dos primeiros estudos baseados en datos moleculares e análises combinadas de datos morfolóxicos e moleculares, parece que a antiga polémica sobre monofilia e polifilia quedou superada, xa que todos eles corroboran que os artrópodos son un grupo monofilético en que se inclúen tamén os tardígrados (o clado deuse en chamar panartrópodos); a maioría tamén propoñen a existencia do clado mandibulados. Porén, xurdiron novas controversias, sobre todo ao redor de dúas hipóteses alternativas mutuamente excluíntes que están sendo debatidas en numerosos artigos sobre filoxenia e evolución de artrópodos: atelocerados (miriápodos + hexápodos) (Wheeler)[27]
Cladograma A comprado co cladograma B [pancrustáceos (crustáceos + hexápodos)]. (Segundo Giribert & Ribera)[28]
O termo do latín científicoArthropoda está construído cos elementos arthro- e -poda, tirados do grego antigo ἄρθρον, árthron, "articulación" e πούς, ποδός poús, podós, "pé", "perna", "pata", coa desinencia -a, indicando substantivo neutro plural. Literalmente, "os que teñen as patas articuladas".
Clasificación
As clasificacións tradicionais definían como artrópodos a todos os metazoos con esqueleto externo, ou cutícula, co corpo dividido en segmentos articulados portadores de apéndices así mesmo articulados, e que medraban por mudas). Estas clasificacións distinguían principalmente dous grupos, os quelicerados (xifosuros, arácnidos...) e os mandibulados (ou antenados), estes últimos divididos en tres clases:
Crustáceos (con dous pares de antenas, esencialmente acuáticos e de respiración branquial),
Insectos (cun par de antenas, seis patas, adaptados á vida terrestre e respiración traqueal) e
↑ 2,02,12,2R. C. Brusca e G. J. Brusca (2003): Invertebrates. Sunderland, Massachusetts (EE.UU.): Sinauer Associates. Extracto (Tradución para o castelán en 2005, Véxase "Bibliografía").
↑Lin, J. P.; Gon, S. M.; Gehling, J. G.; Babcock, L. E.; Zhao, Y. L.; Zhang, X. L.; Hu, S. X.; Yuan, J. L.; Yu, M. Y. e Peng, J. (2006). "A Parvancorina-like arthropod from the Cambrian of South China". Historical Biology18 (1): 33–45. doi:10.1080/08912960500508689.
↑McMenamin, M. A. S (2003). "Spriggina is a trilobitoid ecdysozoan". Abstracts with Programs (Geological Society of America) 35 (6): 105. Arquivado dende o orixinal(abstract) o 30 de agosto de 2008. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
↑Braun, A., J. Chen, D. Waloszek e A. Maas (2007). "First Early Cambrian Radiolaria"(PDF). Special Publications (Geological Society, London) 286: 143–149. doi:10.1144/SP286.10. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 18 de xullo de 2011. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
↑Whittington, H. B. (1971): "Redescription of Marrella splendens (Trilobitoidea) from the Burgess Shale, Middle Cambrian, British Columbia", Geological Survey of Canada Bulletin209: 1–24.
↑Budd, G. E.; Butterfield, N. J. e Jensen, S. (decembro de 2001): "Crustaceans and the "Cambrian Explosion″", Science294 (5549): 2047.
↑Dunlop, J. A. (setembro de 1996): "A trigonotarbid arachnid from the Upper Silurian of Shropshire", Palaeontology39 (3): 605–614, PDFArquivado 16 de decembro de 2008 en Wayback Machine..
↑Engel, M. S. e Grimaldi, D. A. (febreiro de 2004): "New light shed on the oldest insect", Nature427 (6975): 627–630.
↑ 13,013,1Zrzavý, J.; Mihulka, S.; Kepka, P.; Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". Cladistics, 14 (3): 249-285.
↑ 14,014,1Nielsen, C. (1985): "Animal phylogeny in the light of the trochaea theory". Biol. J. Linnean Soc., 25: 243-299.
↑ 15,015,1Nielsen, C., Scharff, N. & Eibye-Jacobsen, D. (1996): "Cladistic analyses of the animal kingdom". Biol. J. Linnean Soc., 57: 385-410.
↑Lourenço, W. R. (2002). "Reproduction in scorpions, with special reference to parthenogenesis". En Toft, Søren; Scharff, Nikolaj; Henriksen, Per G. European Arachnology 2000: 19th European Colloquium of Arachnology, Aarhus, Denmark, 17-22 July 2000(en inglés). European Society of Arachnology, International Arachnologic Documentation Center. Aarhus University Press. pp. 71–85. ISBN87-7934-001-6.
↑Cuvier, G. (1812): "Sur un nouveau repprochement à establir entre les classes qui composant le Règne Animal". Ann. Mus. Hist., 19: 73-84.
↑Snodgrass, R. E. (1938): "The evolution of Annelida, Onychophora, and Arthropoda". Smithson. Misc. Coll., 97: 1-159.
↑Cisne, J. L. (1974): "Trilobites and the origin of Arthropods". Science, 186: 13-18.
↑Tiegs, O. W. & Manton, S. M. (1958): "The evolution of the Arthropoda". Biol. Rev., 33: 255-337.
↑Manton, S. (1964): "Mandibular mechanisms and the evolution of Arthropods". Philos. Trans. R. Soc. Lond. (Ser. B, Biol. Sci.),247: 1-183.
↑Anderson, D. T. (1973): Embryology and Phylogeny in Annelids and Arthropods. Oxford, New York: Pergamon Press. ISBN 0-08-017069-2.
↑Wheeler, W. C. (1998): "Sampling, grounplans, total evidence and the systematics of arthropods", en: R. A. Fortey & R. H. Thomas (eds.): Arthropod Relationships: 87-96. Chapman & Hall, London
↑Giribert, G. & Ribera, C. (1998): "The position of arthropods in the animal kingdom: A search for a reliable outgroup for internal arthropod phylogeny". Mol. Phylog. Evol., 9: 481-488.
Brusca, R. C. e G. J. Brusca (2005): Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
Margulis, L. & Schwartz, K. V. (1998): Five Kingdoms: an illustrated guide to the Phyla of life on earth. 3ª ed. Nova York: Freeman. ISBN 0-7167-3027-8.
Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.
Contoh hasil penelitian radioaktivitas untuk orientasi akademis Penelitian murni adalah salah satu jenis penelitian sosial yang memiliki orientasi pada bidang akademis.[1] Jenis penelitian ini tidak bertujuan untuk memberikan solusi atas suatu masalah atau fenomena sosial tertentu.[1] Ciri utama dari penelitian ini adalah banyak digunakan dalam lingkup akademis, memiliki tingkat abstrak yang tinggi, manfaatnya tidak dapat dirasakan secara langsung, serta mengembangkan ide, teo...
Banca nazionale d'Etiopia(ET) የኢትዮጵያ ብሔራዊ ባንክ Area valutaria Etiopia Istituita1906 PresidenteAtnafu Teklewold (dal 2006) SedeAddis Abeba Sito web Modifica dati su Wikidata · Manuale La Banca nazionale d'Etiopia è la banca centrale dell'Etiopia, la sua sede è nella capitale di Addis Abeba. Il nome della banca in abbreviato è NBE. La banca è attiva nel promuovere l'inclusione finanziaria della politica ed è membro della Alleanza per l'inclusione finanzi...
South Korean rapper (born 1997) In this Korean name, the family name is Yook. Yuk Ji-damBackground informationBirth nameYook Ji-damAlso known asYookji,[1] JidamBorn (1997-03-10) March 10, 1997 (age 26)Daegu, South KoreaGenresKorean hip hopOccupation(s)RapperYears active2014–2018Korean nameHangul육지담Revised RomanizationYuk Ji-DamMcCune–ReischauerYuk Chidam Musical artist Yuk Ji-dam ((Korean: 육지담), sometimes known as Jidam (지담) or Yukji (육지); born Ma...
Ehemaliger Kanton Marseille-Vauban Region Provence-Alpes-Côte d’Azur Département Bouches-du-Rhône Arrondissement Marseille Auflösungsdatum 29. März 2015 Einwohner 31.148 (1. Jan. 2012) Bevölkerungsdichte 17.698 Einw./km² Fläche 1.76 km² Gemeinden 1 INSEE-Code 1359 Der Kanton Marseille-Vauban war bis 2015 ein französischer Wahlkreis im Arrondissement Marseille, im Département Bouches-du-Rhône und in der Region Provence-Alpes-Côte d’Azur. Die landesweiten Ä...
Maurice G. Burnside Maurice Gwinn Burnside (* 23. August 1902 bei Columbia, South Carolina; † 2. Februar 1991 in Wilson, North Carolina) war ein US-amerikanischer Politiker. Zwischen 1949 und 1953 sowie zwischen 1955 und 1957 vertrat er den vierten Wahlbezirk des Bundesstaates West Virginia im US-Repräsentantenhaus. Werdegang Maurice Burnside besuchte die öffentlichen Schulen in seiner Heimat in South Carolina. Zwischen 1920 und 1922 absolvierte er die Militärakademie The Citadel in Char...
British actress (1944–1995) Susan FleetwoodFleetwood as Athena in Clash of the Titans (1981)BornSusan Maureen Fleetwood(1944-09-21)21 September 1944St Andrews, Fife, ScotlandDied29 September 1995(1995-09-29) (aged 51)Salisbury, Wiltshire, EnglandAlma materRoyal Academy of Dramatic ArtOccupationActressYears active1969–1995PartnerSebastian Graham-JonesRelativesMick Fleetwood (brother) Susan Maureen Fleetwood (21 September 1944 – 29 September 1995) was a British stage, film,...
This article is about a mathematical concept. For other uses, see Ring theory (disambiguation). Branch of algebra Algebraic structures Group-like Group Semigroup / Monoid Rack and quandle Quasigroup and loop Abelian group Magma Lie group Group theory Ring-like Ring Rng Semiring Near-ring Commutative ring Domain Integral domain Field Division ring Lie ring Ring theory Lattice-like Lattice Semilattice Complemented lattice Total order Heyting algebra Boolean algebra Map of lattices Latt...
Catholic diocese in Germany For the medieval diocese, see Archbishopric of Magdeburg. Diocese of MagdeburgDioecesis MagdeburgensisBistum MagdeburgCathedral of St. Sebastian, MagdeburgCoat of armsLocationCountry GermanyTerritoryMagdeburg, Saxony-AnhaltEcclesiastical provincePaderbornMetropolitanArchdiocese of PaderbornStatisticsArea23,000 km2 (8,900 sq mi)Population- Total- Catholics(as of 2013)2,570,00086,737 (3.4%)InformationDenominationCatholicSui iuris ch...
Chess competition World Chess Championship 1954 Defending champion Challenger Mikhail Botvinnik Vasily Smyslov 12Scores12 Born 17 August 1911 42 years old Born 24 March 1921 32/33 years old Winner of the 1951 World Chess Championship Winner of the 1953 Candidates Tournament ← 19511957 → The 1954 World Chess Championship was played between Mikhail Botvinnik and Vasily Smyslov in Moscow from March 16 to May 13, 1954. Botvinnik had been ...
Wilhelm Carl Grimm. Wilhelm Carl Grimm (24 Februari 1786 – 16 Desember 1859) adalah seorang sastrawan berkebangsaaan Jerman.[1] Wilhelm bersama dengan kakaknya Jacob Grimmm terkenal sebagai pengarang cerita dongen Kinder- und Hausmärchen (cerita rumah untuk anak-anak).[2] Dalam kumpulan dongeng tersebut, terdapat cerita dongeng terkenal seperi Putih Salju (Snow White) dan Putri Tidur.[2] Wilhelm mengurus segi cerita dan naskah dongeng, sementara Jacob ...
Indonesian businessman (born 1975) Munafri ArifuddinPortrait taken in 2018Born (1975-09-20) 20 September 1975 (age 48)Majene, IndonesiaNationalityIndonesianOccupationBusinessmanKnown for2018 Makassar electionFormer CEO of PSM MakassarPolitical partyGolkar Munafri Arifuddin (born 20 September 1975) is an Indonesian businessman who is the former CEO of the football club PSM Makassar and the current Director of PT Liga Indonesia Baru. Son-in-law of Bosowa Corporation founder Aksa Mahmu...
Railway station in Switzerland ThusisAerial view of the station in 2007General informationLocationMarktwiesenstrasseThusisSwitzerlandCoordinates46°41′53.520″N 9°26′25.800″E / 46.69820000°N 9.44050000°E / 46.69820000; 9.44050000Elevation696 m (2,283 ft)Owned byRhaetian RailwayLine(s) Albula line Landquart–Thusis line Distance41.3 km (25.7 mi) from Landquart[1]Train operatorsRhaetian RailwayConnectionsPostAuto Schweiz buses[2...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Sonic Impact – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2014) (Learn how and when to remove this template message) 2000 filmSonic ImpactTheatrical release posterDirected byRodney McDonaldWritten bySean McGinlyProduced byAlison Semenza, Jim WynorskiS...
Person who cuts, dresses, grooms, styles and shaves males' hair or beards This article is about the profession. For other uses, see Barber (disambiguation). Barber, HairdresserOccupationNamesBarber, hairdresserOccupation typeVocationDescriptionFields ofemploymentBarbershops, hair salons, hairdressing salons A barber is a person whose occupation is mainly to cut, dress, groom, style and shave hair or beards. A barber's place of work is known as a barbershop or the barber's. Barbershops have be...
Grade II listed cinema in Kent, United Kingdom Carlton CinemaAn extraordinary mélange - John NewmanTypeCinemaLocationWestgate-on-Sea, KentCoordinates51°22′56″N 1°20′12″E / 51.3821°N 1.3366°E / 51.3821; 1.3366Built1910Governing bodyPrivately owned Listed Building – Grade IIOfficial nameNos 25 to 35 (Odd) Including Carlton CinemaDesignated22 September 1973Reference no.1094678 Location of Carlton Cinema in Kent The Carlton Cinema, in Westgate-on-Sea, K...
Government engineering college in Bakhtiyarpur, Bihar Bakhtiyarpur College of Engineering, Patnaबख्तियारपुर अभियंत्रण महाविद्यालय, पटनाOther nameBCE PATNAMottoविद्या ददाति विनयम्TypeGovernment Engineering collegeEstablished2016 (7 years ago) (2016)PrincipalKumar SurendraAcademic staff50Administrative staff30Students768Undergraduates256LocationPatna, Bihar, IndiaCampusRuralAcro...
Estonian handball league This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Meistriliiga handball – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2017) (Learn how and when to remove this template message) Meistriliiga (handball)Founded1992No. of teams6CountryEstoniaConfederationEHFMost recentchampion(...
Heracles Almelo Datos generalesNombre Heracles AlmeloApodo(s) HeracliedenFundación 3 de mayo de 1903 (120 años)Presidente Hans MorsinkEntrenador John LammersInstalacionesEstadio Polman StadionCapacidad 8.500Ubicación Almelo, Países BajosInauguración 1999Uniforme Titular Alternativo Última temporadaLiga Eerste Divisie(2022-23) 1º Títulos 4 (por última vez en 2022-23)Copa KNVB Beker(2022-23) Segunda ronda Actualidad Eredivisie 2023-24Página web oficial[editar dato...