Aragón TV (anteriormente Aragón Televisión) é a marca comercial de Televisión Autonómica de Aragón, S.A. e a primeira canle de televisión pública de Aragón. Pertence á Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.
Historia
Aragón TV empezou a emitir en probas a principios de decembro de 2005. O 22 de decembro do mesmo ano substituíu o axuste de barras por un ciclo de imaxes relacionados cos pobos, as contornas naturais e as pezas do patrimonio histórico-artístico de Aragón. O 25 de febreiro de 2006 realizou a súa primeira emisión co partido de fútbol Real Zaragoza-FC Barcelona, volvendo á fase de probas tras acabar o encontro.[1]
As emisións oficiais de Aragón TV comezaron o 21 de abril dese mesmo ano, en vésperas do día de Aragón (23 de abril), sendo un dos primeiros programas unha gala especial de presentación.[2] O luns 16 de maio de 2011, emitiu en exclusiva, o único debate que houbo entre as candidatas do PSOE Eva Almunia e do PP Luisa Fernanda Rudi para a presidencia do Goberno de Aragón.[3]
En 2009 converteuse na primeira cadea de televisión en España en emitir parte da súa programación en 16:9, formato panorámico. Tamén foi a primeira cadea en dispoñer dunha canle en HD.[4]
Tras varios anos de emitir tamén a súa programación por satélite a través de Astra e Hispasat, Aragón TV cesou as súas emisións en ambos os satélites a finais de marzo do 2010, reducindo as posibilidades de ver no futuro dita televisión aos miles de aragoneses que viven fóra da comunidade autónoma, así como a todos aqueles curiosos da cultura aragonesa. A principios do mes de setembro de 2015, Aragón TV renovou as súas emisións para toda Europa a través da canle Aragón TV Internacional.
En 2012, obtivo por primeira vez e con programación habitual, o primeiro posto no ránking das canles que integran a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) cun 13,1 % de cota de pantalla, por diante da catalá TV3.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Televisión en España |
---|
Cadeas xeralistas | |
---|
TDT | |
---|
Desaparecidas | |
---|
Operadores de pago | |
---|
Cadeas autonómicas | |
---|