Antonio de la Peña Santos, nado en Pajares de los Oteros (León) o 10 de abril de 1952, é un arqueólogo vinculado con Galicia.
Traxectoria
Conservador de Fondos Arqueolóxicos do Museo Provincial de Pontevedra, é membro do Instituto de Estudos Galegos, do Centro de Estudos Históricos de Pontevedra e outras institucións e asociacións arqueolóxicas, así como Académico Correspondente da Real Academia Catalá de Belas Artes.[1]
Os seus traballos céntranse no estudo da cultura castrexa, realizando escavacións arqueolóxicas nos Castros de Torroso e Santa Trega, o estudo do Grupo Galaico de Arte Rupestre, tendo catalogado gran cantidade de petróglifos, así como a Historia de Pontevedra e a súa provincia.[1]
Ten publicado 16 libros e máis de 200 artigos en publicacións especializadas.
Obra
- Los Petroglifos Gallegos: grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia (1979). Con José Manuel Vázquez Varela. Ediciós do Castro. ISBN 84-85134-99-0.[2]
- Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (1980). Con Alfredo García Alén. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-04-1.
- Xacimiento galaico romano de SantaTrega. (A Guardia Pontevedra) (1986). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-505-3340-8.
- Castro de Torroso (Mos, Pontevedra): síntesis de las memorias de las campañas de excavaciones 1984-1990 (1992). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0293-0.
- Prehistoria (1995). Con José María Bello Diéguez. Vía Láctea. ISBN 978-84-89444-12-6.
- Historia de Vigo (1999). Vía Láctea. ISBN 84-89444-49-8.
- Os petroglifos galegos (1999). A Nosa Terra. ISBN 9788489976689.
- Símbolos sen memoria. Arte rupestre en Pontecaldelas (2001). Con Buenaventura Aparicio Casado. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8457-363-0.
- Segredos ao descuberto. Pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos (2017). Con Buenaventura Aparicio Casado. Sacauntos. ISBN 978-84-16121-80-9.
Obras colectivas
- Pontevedra, planteamiento histórico y urbanístico (1987). Pontevedra: Deputación Provincial, Departamento de Publicacións. ISBN 84-86845-01-7
- Pontevedra, villa amurallada (1995). Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, Servizo de Publicacións. ISBN 84-88363-48-6.
- Historia de Pontevedra (1996). Vía Láctea. ISBN Vía Láctea, 1996. 84-89444-26-9.
- Arte rupestre no sur da Ría de Vigo: = Arte rupestre en el sur de la ría de Vigo = Rupestrian art in the sud of ria de Vigo (1999). Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-13-0.
- Grabados rupestres en Galicia: características generales y problemática de su gestión y conservación (2002). Pontevedra : Deputación Provincial de Pontevedra, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8457-119-X.
- Arte rupestre en Galicia (2013). Edicións do Cumio. Con Buenaventura Aparicio Casado e Fernando Carrera Ramírez.
- Lanceata. Entre la vida y la muerte. Entre la tierra y el mar (2014). Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-482-9.
Premios
- Premio Turoqua en 2003.
- Ciudad de Pontevedra en 2004.
Notas