Antonio García Bellido

Modelo:BiografíaAntonio García Bellido
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Villanueva de los Infantes, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoColonización grega Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarqueólogo clásico, profesor universitario, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJosé Ramón Mélida (pt) Traducir, Manuel Gómez Moreno (pt) Traducir, Hugo Obermaier, Elías Tormo Monzó e Gerhart Rodenwaldt Editar o valor en Wikidata
AlumnosJosé María Blázquez Martínez Editar o valor en Wikidata
Participou en
1933Cruceiro universitario polo Mediterráneo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoAntonio Blanco Freijeiro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen García de Diego López Editar o valor en Wikidata
FillosAntonio García-Bellido, María Paz García-Bellido Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDiccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002) (en) Traducir, (sec:García Bellido Ochando, Antonio, p.273-274) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX924314 Dialnet: 1814249

Antonio García Bellido, nado en Villanueva de los Infantes (Cidade Real) o 10 de febreiro de 1903 e finado en Madrid o 26 de setembro de 1972, foi un arqueólogo español.

Traxectoria

Estudou Filosofía e Letras en Madrid, onde tivo como mestres, entre outros, a José Ramón Mélida, Manuel Gómez Moreno, Hugo Obermaier e Elías Tormo, quen dirixiu a súa tese doutoral sobre os Churriguera e que foi mentor seu para o ingreso na Real Academia da Historia. Esta formación inicial en Historia da Arte tivo a súa importancia metodolóxica para posteriores traballos sobre o urbanismo e a arquitectura do mundo antigo, a cerámica grega ou a escultura romana.

En 1931 obtivo a cátedra de Arqueoloxía Clásica na Universidade de Madrid, e tras a guerra civil iniciou dous novos campos de investigación: a colonización grega, fenicia e púnica en Occidente, e a arqueoloxía dos pobos prerromanos do Norte peninsular, neste caso participando nas escavacións que Juan Uría Riu, da Universidade de Oviedo, promovera no castro de Coaña.

En 1949 sae a súa obra Esculturas romanas de España y Portugal, publicada polo Consello Superior de Investigacións Científicas, institución na que fundaría, dous anos despois, o Instituto de Arqueoloxía Rodrigo Caro, onde sairía, á súa vez, a revista Archivo Español de Arqueología, converténdose, desde entón, ambas as dúas, institución e publicación, no duplo núcleo de toda a actividade de García Bellido, centrada xa fundamentalmente en todos os aspectos do mundo hispanorromano.

Paralelamente producirase o seu recoñecemento internacional polo seu labor como arqueólogo e historiador: doutor honoris causa pola Universidade de Bordeos, ingreso na Academie de Inscriptions et Belles Letres, membro da Hispanic Society of New York e da Comisión histórica da UNESCO, entre outras moitas distincións.

Actualmente considérase a García Bellido coma un dos grandes impulsores dos estudos de Arqueoloxía Clásica en España e coma creador de frutíferas liñas de investigación na Arqueoloxía hispanorromana.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!