Antonio Benito Yebra de Ares, nado en Monterroso o 25 de abril de 1926 e finado en novembro de 2012, foi un pintor e escritor galego.[1][2]
Realizou diferentes mostras individuais en diferentes puntos de España e tamén en París. Tamén foi o creador dos carteis publicitarios para os Xacobeos de 1993 e 1999.[1]
Foi o cronista oficial do concello de Monterroso.[1]
Estaba casado con Tucha Calvo, quen fora unha das primeiras concelleiras no concello de Lugo e tiveron un fillo, Miguel Ángel.[3]