Antoni Serra i Bauçà, nado en Sóller (Mallorca) o 29 de xaneiro de 1936 e finado o 1 de marzo de 2023,[1] foi un escritor mallorquino.
Traxectoria
Foi fillo de Miquel Manuel Serra Pastor, tamén escritor, e de Carme Bauçà Maiol. Casou con Xisca Barceló Mercant, subdirectora de Ultima Hora, coa que ten dous fillos: Albert e Clara. Estudou Medicina no Clínic de Barcelona.[2]
Comezou a escribir aos catorce anos, no semanario Sóller da súa vila, sen dúbida influído polo seu pai que escribiu e publicou na revista La Nostra Terra. Dedicouse especialmente á narrativa (especialmente novelas e contos) e ensaios, así como artigos e reportaxes para xornais e revistas: Lluc, Canigó, Serra d’Or, Última Hora, Avui, Diario de Mallorca, El Temps, Temps Moderns e Segell. Foi membro do colectivo Ofèlia Dracs.[3]
Durante os anos sesenta viviu en Valencia (1960-61), Mallorca (1961-68) e Barcelona (1968-1971), onde colaborou en varias publicacións periódicas. De volta a Mallorca en 1971, retomou o seu traballo no xornal Ultima Hora.[4]
Politicamente, militou no PSUC durante moitos anos e despois no PSAN (Partit Socialista d'Alliberament Nacional). Visitou clandestinamente Hungría, a antiga Iugoslavia, a República Checa, Romanía e nunca ocupou ningún cargo político. Dirixiu a libraría Tous (de 1971 a 1975) e foi o responsable do II Congreso de Cultura Catalá. Foi o fundador, xunto con Miquel Barceló, Aina Montaner, Josep Albertí e Guillem Frontera, da colección Turmeda, creada en 1972.[2]
É un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Catalá, da que foi vicepresidente para as Illas.[5]
Comezou escribindo en castelán e desde 1971 faino en catalán.[6]
Obra
Ensaio
- Gent del carrer (1971).
- Aproximació a Gabriel Alomar (1977).
- Gràcies, no volem flors (1981).
- L’anàrquica escriptura de la terra inexistent (1993).
- El (meu) testament literari (1997).
- Llarg adéu a la vida. Reflexions sobre la cultura del meu temps (2006). Lleonard Muntaner, Editor.
- Scrits "post mortem" (2016). Documenta Balear.
Narrativa
- Entrada de fosca (1972).
- Quartet per a una confidència (1977).
- Quadern de bitàcola (1981).
- Música de Mahler per a una lloca didàctica (1986).
- Morts d’immortalitat (1995).
- La insostenible levitat dels cossos (1996).
- Narracions de vida i mort (1999).
- Darrer llibre d´impertinències. Onze narracions indignes i una novel·la curta intimista (2015). Documenta Balear.
Novela negra
- La gloriosa mort de Joan Boira (1973).
- El cap dins el cercle (1979).
- Rapsòdia per a una nit de Walpurgis (1981).
- El blau pàl·lid de la rosa de paper (1985). Co detective Celso Mosqueiro.
- L’arqueòloga va somriure abans de morir (1986). Co detective Celso Mosqueiro.
- Més enllà del mur (1987).
- Per ben morir (1988).
- Carrer de l’Argenteria, 36 (1988).
Sobre o antisemitismo en Mallorca
- Espurnes de sang (1987). Co detective Celso Mosqueiro.
- RIP, senyor Mosqueiro (1989). Co detective Celso Mosqueiro.
- Llibre de família (1991).
- Cita a Belgrad (1992).
- L’avinguda de la fosca (1994).
Premios
Notas