De raíces na alta burguesía catalá, estudou en castelán e francés. Chegou a ser campioa de España de lanzamento de xavelina e foi a primeira muller en participar na directiva do Fútbol Club Barcelona, en 1934, encargada de montar unha sección feminina.
Durante a guerra civil exerceu de xornalista na fronte de Aragón. Ó remate da contenda, fuxiu primeiro a Francia, onde recalou en París e logo en Chartres e rematou uníndose á resistencia antinazi e despois ós EUA, onde deu clases na Universidade de Illinois.
Volveu a España nos anos setenta, residindo en Moià ata a súa morte, totalmente esquecida.