Ander Barrenetxea Muguruza, nado en Donostia (Guipúscoa) o 27 de decembro de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro na Real Sociedad de Fútbol da Primeira División de España.
Formouse nas categorías inferiores da Real Sociedad de Fútbol. Na tempada 2018-19 sendo xuvenil de segundo ano, empezou o curso na División de Honra de Jon Mikel Arrieta e daría o salto ao equipo sénior de Terceira División, a Real Sociedad de Fútbol C.
En setembro de 2018, Asier Garitano chamouno para adestrar co primeiro equipo no parón ligueiro ante a escaseza de efectivos pola marcha dos internacionais e as lesións. O dianteiro tivo a oportunidade de debutar en Tarbes nun amigable contra o Toulouse francés e comezaría a adestrar con asiduidade co primeiro equipo. É considerado dos grandes valores de Zubieta, así que o club donostiarra decidiu blindar o contrato do xogador o 7 de decembro de 2018 até o 30 de xuño de 2025.[1]
O 21 de decembro de 2018 debutou en Anoeta en Primeira División nunha derrota fronte ao Deportivo Alavés por 0:1, sendo o primeiro xogador nado no século XXI en disputar un partido de LaLiga. Foi o segundo xogador máis novo en debutar coa elástica txuriurdin nun partido de Liga e o 26.º máis novo na historia de liga, ao debutar con 16 anos e 359 días.[2][3]
Ao comezo da tempada 2019-20 a Real Sociedad anunciou que Barrenetxea tería dorsal do primeiro equipo.[4]
Actualizado ao último partido disputado o 1 de decembro de 2021.[5]
(*) Incluíndo a selección.