O Estadio Municipal de Anoeta, tamén chamado Reale Seguros Stadium por motivos de patrocinio[1], é un estadio da cidade de Donostia, no País Vasco. Principalmente é utilizado pola Real Sociedad de Fútbol, pero tamén se celebran espectáculos de grande envergadura, como o son concertos ou partidos de rugby de equipos do País Vascofrancés, entre outros. Dispón dunha pista de atletismo ao redor do céspede.
Historia
O Estadio de Anoeta foi levantado en substitución do Campo de Fútbol Municipal de Atotxa (inaugurado en 1913). Foi inaugurado o 13 de agosto de 1993.
A súa construción foi financiada polo Concello de Donostia, a Deputación Foral de Guipúscoa e a Real Sociedad de Fútbol, e é xestionado pola Sociedade Privada Municipal Anoetako Kiroldegia.
Exterior
-
Exterior da bancada norte de Anoeta. Á dereita, a tenda da Real.
-
Vista nocturna, Fondo Norte.
Interior
Desde 2005 é utilizado ocasionalmente tamén como estadio local polo equipo de rugby vasco-francés Biarritz Olympique Pays Basque para os seus partidos maiores da Heineken Cup (Copa de Europa).
En 2008 desde a chegada de Iñaki Badiola á presidencia do equipo guipuscoano, pretende comprar o estadio que petenecería ao club e suprimir a pista de atletismo.
O 1 de agosto de 2019, anunciouse que o estadio pasaría a chamarse oficialmente Reale Seguros Stadium durante seis anos, tras un acordo coa empresa de seguros.[1]
Acceso
O Estadio de Anoeta está localizado no barrio de Amara en Donostia e a súa dirección é Anoeta Pasealekua, 1 - 20014 Donostia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas