Ana María Penas Balchada, nada en Pontevedra o 21 de decembro de 1971, é unha deportista galega que competiu en piragüismo na modalidade de augas tranquilas, gañadora de catro medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 1997 e 2001 e sete medallas no Campionato Europeo de piragüismo entre os anos 1997 e 2001.[1]
Participou en tres Xogos Olímpicos de Verán, entre 1992 e 2000, a súa mellor actuación foi un sexto posto logrado en Atlanta 1996, na proba de K4 500 m.[2]
Palmarés internacional
Notas