Amílcar Cabral |
|
Nacemento | (pt) Amílcar Lopes da Costa Cabral 12 de setembro de 1924 Bafatá (Privíncia Ultramarina da Guiné)
|
---|
Morte | 20 de xaneiro de 1973 (48 anos) Tsévié, Togo (en) |
---|
Causa da morte | execución extraxudicial |
---|
Lugar de sepultura | Fortaleza de São José da Amura (pt) |
---|
Educación | Universidade Técnica de Lisboa Instituto Superior de Agronomia (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Política, agricultura e poesía |
---|
Lugar de traballo | Casa dos Estudantes do Império (pt) |
---|
Ocupación | político, agrónomo, politicólogo, escritor, enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro, poeta |
---|
Partido político | Partido Africano para a Independência da Guiné e Cabo Verde (pt) (1956–1973) MPLA |
---|
Movemento | Anticolonialismo |
---|
Pseudónimo literario | Abel Djassi |
---|
|
Fillos | Iva Cabral |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кабрал Амилкар) Dictionary of African Biography, Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.153) |
---|
|
Amílcar Lopes Cabral, nado en Bafatá o 12 de setembro de 1924 e finado en Conakry o 20 de xaneiro de 1973, foi un político e escritor, líder da independencia de Cabo Verde e de Guinea-Bissau.
Traxectoria
Naceu en Guinea-Bissau de pais caboverdianos, aos oito anos marchou coa súa familia a Mindelo (Cabo Verde), en 1944 marchou a Praia e en 1945 grazas a unha bolsa de estudo estudou agronomía en Lisboa. En 1952 estableceuse en Guinea-Bissau para traballar para o servizo agrícola, polas súas actividades contrarias ao colonialismo portugués tivo que emigran a Angola. En 1956[1] foi un dos fundadores do PAIGC (Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde), do que é elixido o seu primeiro secretario xeral e radícase en Conakry onde o partido ten a súa sede central, e dende onde dirixe a loita armada contra as forzas portuguesas no sur de Guinea-Bissau. Morreu asasinado por membros do seu propio partido.
Obra
- Rosa negra, 1949
- Regresso, 1949
- Ilha, 1974
Notas
- ↑ William Minter Portuguese Africa and the West. 1974, páxina 62